Antonio López prioriza recuperar a transparencia e captar alumnos

Antonio López durante a entrevista concedida á CRTVG. / CRTVG
Antonio López durante a entrevista concedida á CRTVG. / CRTVG

O novo rector da USC subliña a importancia de mellorar a calidade dos posgraos para lograr conectarse co sistema laboral e empresarial, e non descarta modificar a oferta actual.

Antonio López prioriza recuperar a transparencia e captar alumnos

Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela dende este luns, valorou os retos aos que se enfronta a USC nesta nova durante unha entrevista concedida ao programa "Bos Días" da TVG. Na súa conversa con Marcos Sueiro mostrouse “ilusionado polo apoio maioritario recibido” e tamén "con moita responsabilidade".

Entre os cambios principais que porá en marcha no seu mandato, López mencionou “revitalizar os órganos de goberno e recuperar a democracia e transparencia da institución”. Tamén sinalou como obxectivo chave “lograr ser máis atractivos para os alumnos”, para o que se precisa manter o nivel do profesorado e do persoal de administración e servizos.

Entre as medidas para captar máis alumnado, o reitor fixo unha diferenciación entre dous ámbitos: por unha banda, sinalou que en canto aos graos cómpre “ter prestixio e boa formación” e, por outra, que “no caso do posgrao precísase mellorar” para lograr conectarse co sistema laboral e empresarial e “para ser competitivos coa oferta privada”. De feito, destacou incluso poderían “suprimir uns e crear outras titulacións para mellorar a oferta”.

Sendo Galicia unha das comunidades coas taxas máis baixas, López sinalou que “as transferencias autonómicas teñen que compensar este feito” e admitiu que había unha necesidade de investimento importante. Declarou que non está entre as súas propostas subir os salarios dos traballadores, pero si remodelar o Campus Sur, “en grave estado de deterioración”. Sobre as relacións coas outras universidades galegas, López explicou que será “unha convivencia estreita e con lealdade institucional pero con diferentes intereses”. @galiciamundiari

Comentarios