Antonio Fraguas e Carvalho Calero, candidatos para o Día das Letras Galegas do 2019

Antón Fraguas y Ricardo Carvalho Calero.
Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero.

O sábado 7 de xullo, o plenario da Real Academia Galega debaterá sobre a figura á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2019. Sobre a mesa, segundo Sermos Galiza, dous nomes: Ricardo Carvalho Calero e Antonio Fraguas.

Antonio Fraguas e Carvalho Calero, candidatos para o Día das Letras Galegas do 2019

O plenario da Real Academia Galega debaterá o sábado 7 de xullo,sobre a figura á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2019.

Sobre a mesa, segundo o xornal dixital Sermos Galiza, hai dous nomes: o xa habitual de Ricardo Carvalho Calero e mais o antropólogo e historiador Antonio Fraguas.

Nas últimas semanas transcenderan outros nomes que optaban á distinción, entre eles o da poeta Xela Arias e o do tradutor Plácido Castro. Mais, finalmente, as académicas e académicos decidirán só entre Fraguas e Carvalho. @mundiario

Comentarios