Antón Freire Barcia, 16º premio de fotografía Xurxo Lobato
Antón Freire Barcia, alumno do EISV, escola de imaxe e son de Vigo, fíxose co 16º premio de fotografía Xurxo Lobato coas fotos “Movimiento y siluetas”. Nesta edición presentaronse 149 alumnos/as de 29 centros de ensino de 15 ciudades e vilas de Galicia, con mais de 440 fotos. O xurado apreciou as destacadas calidades desta serie de tres fotografías, posuidoras dunha estética que recolle a mellor tradición da fotografía das vangardas históricas pero resoltas nun contexto de modernidade onde a brillante estrutura formal e cromática desvela a incapacidade comunicativa, a soedade e as dificultades identitarias da sociedade actual.
O segundo premio foi para Samuel Giráldez Barros e o terceiro para Frank González. A bolsa Xurxo Lobato foi adxudicada a Nerea Pose Leis e houbo accesit para Diego Lorenzo, Luis Mosquera, Marcos Besteiro, Diana Shevchenko, Aurora Lorda e Ana Cristina Grigore.
Foron finalistas: Cibrán Piñeiro Martínez, Martin Hermida, Laura Romero, Nera Pose, Noa Fernández, Alicia Centrón, Gemechis, Antas Criado, Cibrán Piñeiro Martínez, Anxo Padín Oubiña, Camila del Pino, Sandra Seren, Hugo Carro, Iván Fernández, Ander Asteinza Garcia, Andrea Louro Vázquez, Andrea Ríos Rodríguez, Antía Lorenzo Real, José Antonio Martínez Vicente, Aitana Ramallo, Daniel Mayo Leis, Iago Díaz Lamas, Yael Ares Buján, Noela Hermida Martínez, Elena Precedo Prado e Nerea Álvarez Cambra. O diploma especial por ser o instituto con mais participantes foi para o IES Poeta Añón de Outes.
No acto de entrega participaron, entre outros, o concelleiro de Educacion do Concello da Coruña, Jesús Celemín, e Antón Orosa, director do IES Monelos, xunto cos membros do xurado deste concurso convocado pola Asociación de Amigos do Instituto de Monelos A Coruña: Xoán Antón Pérez Lema –columnista de MUNDIARIO–, Rosario Sarmiento, Xosé A. Fraga Vázquez, Marcos Sánchez, Xosé Díaz e Xurxo Lobato. O xurado congratulouse pola calidade dos orixinais presentados e a elevada participación, "a pesar do momento que estamos a vivir", procedente de numerosos centros escolares de toda Galicia. @mundiario