Anova decide reactivarse tanto para falar dos grandes asuntos de Galicia como de liderazgos

Antón Sánchez, de Anova. / Mundiario
Antón Sánchez, de Anova. / Mundiario
O feito de que Yolanda Diaz, de Esquerda Unida pero moi próxima a Podemos, poida ser nomeada ministra nas próximas semanas fai que no horizonte Galicia 2020 poidan emerxer outros liderazgos, tamén no entorno de Anova.
Anova decide reactivarse tanto para falar dos grandes asuntos de Galicia como de liderazgos

A prioridade de Anova é aglutinar a xente que participou en mareas municipalistas ou que está participando en colectivos sociais e defendendo o país "fronte as agresións políticas do goberno popular”, segundo dixo o seu voceiro, Antón Sánchez, entrevistado esta mañá no programa ‘Bos días’ da Televisión de Galicia, logo de ser reelixido como voceiro da formación política na Asemblea Nacional do pasado sábado en Teo (A Coruña). 

Antón Sánchez expuxo un dos reclamos da súa formación –“a necesidade de que os galegos e as galegas o decidamos todo, apostamos por unha maior soberanía"– e dixo que Anova ten que decidir sobre "a nosa economía, a nosa pesca, a nosa forma de relacionarnos".

"Aspiramos a decidilo todo”, dijo Sánchez, para explicar de seguido que ve todos os días que moitas das cuestións que tratan teñen "un problema, que non podemos decidir sobre elas, por exemplo, a suba escandalosa das tarifas da AP-9”. Afirmou tamén que Audasa é unha “empresa que se está forrando á custa dos galegos”.

Sobre quen pode encabezar o proxecto político de Anova de cara ás eleccións autonómicas de 2020, o voceiro afirmou que hai mulleres e homes cunha traxectoria social e política demostrada, pero para el, “o primeiro paso é o proxecto político, por riba das persoas”. Pero pode ser que haxa novidades no horizonte.

Segundo as fontes de MUNDIARIO, na asamblea escenificouse unidade dentro de Anova, o que pode ser un elemento positivo de cara a encetar as negociacións con outras forzas políticas. Con todo semella que houbo debate e mesmo emendas á ponencia oficial, que aínda que foron aceptadas antes da propia asamblea consideraban que era necesario que Anova recuperase iniciativa política, e non tanto a lectura interesada que se fixo sobre unirse ou non a Unidas Podemos.

O feito de que Yolanda Diaz, de Esquerda Unida pero moi próxima a Podemos, poida ser nomeada ministra nas próximas semanas fai que no horizonte Galicia 2020 poidan emerxer outros liderazgos. Se cadra un moi destacado –Martiño Noriega– participou nesa reunión esta fin de semana.

Para sectores tanto de Anova como de Unidas Podemos esa aposta para Galicia 2020 pasa necesariamente por recompoñer a unidade. Unidas Podemos en Galicia, sen un cartel electoral potente, pode ter un resultado moito peor que o que tivo nas recentes xerais, no que entre o 28-A e o 10-N xa perdeu máis de 50.000 votos. @mundiario

Comentarios