Buscar

Ana Pontón ve inadmisíbel que estea vixente un artigo no código penal de inxurias á Coroa

"A calquera persoa que estivese na situación procesal de Juan Carlos non se lle permitiría saír do estado español e retiraríaselle o seu pasaporte", segundo o BNG.
Ana Pontón ve inadmisíbel que estea vixente un artigo no código penal de inxurias á Coroa
Ana Pontón. / Mundiario
Ana Pontón. / Mundiario

Redacción

Análisis de @mundiario

A Fiscalía arquivou as dilixencias contra Ana Pontón, do BNG, por supostas inxurias á Coroa e o BNG reitera agora a petición de investigación da presunta corrupción da Casa Real tanto pola Xustiza como polo Congreso. "É inadmisíbel e incompatíbel coa democracia que aínda estea vixente un artigo no código penal de inxurias á Coroa. A liberdade de expresión é algo básico, e defenderemos este dereito. Non nos amedrentarán. Denunciaremos a corrupción real", avanza Ana Pontón.

O ministerio público tamén descartou o mesmo delito polas expresións do catalán Pere Aragonés e a andaluza Teresa Rodríguez. Fronte ás teses de CREE prevalece a liberdade de expresión.

Para o BNG hai un intento de salvar a monarquía coa fuxida pactada de Juan Carlos. "Mais cada vez somos máis persoas as que cuestionamos esta institución. O quen comete un delito hai que xulgalo", propón a súa portavoz.

"A calquera persoa que estivese na situación procesal de Juan Carlos non se lle permitiría saír do estado español e retiraríaselle o seu pasaporte", segundo o BNG.

"O primeiro que sinalou a corrupción de Juan Carlos foi o propio Felipe VI que en pleno confinamento, apartouno da familia real. Hai unha fuxida planificada de Juan Carlos entre a Casa Real, o goberno e a xustiza. Seguiremos reclamando unha comisión de investigación", di Ana Pontón, que considera de "a monarquía é un residuo do franquismo", polo que "a impunidade que rodea á Coroa simboliza tamén a impunidade do franquismo".

"Hai un muro que impide investigar a corrupción da familia real. Todos deberiamos ser iguais ante a lei, agás os Borbóns (...). Neste intre hai unha investigación aberta a Juan Carlos de Borbón. Os poderes fácticos do Estado non nos van tapar a boca ante a tremenda corrupción da Casa Real que estamos a ver", remata a portavoz do BNG. @mundiario