Ana Peleteiro despedirá o ano con Xosé Ramón Gayoso na TVG

Ana Peleteiro. / Mundiario
Ana Peleteiro. / Mundiario
Coa retransmisión das badaladas, A Galega recibirá o 2021 en directo desde a praza do Obradoiro. A atleta ribeirense, campioa de Europa de triplo salto en pista cuberta, e unha das grandes figuras do deporte galego, prepara a súa participación nos Xogos Olímpicos de Toquio.
Ana Peleteiro despedirá o ano con Xosé Ramón Gayoso na TVG

Xosé Ramón Gayoso dará a benvida o 2021 acompañado da campioa de atletismo Ana Peleteiro. Os dous serán os protagonistas do programa especial das badaladas de fin de ano que a Televisión de Galicia está a preparar para a noite do 31 de decembro. As doce badaladas que anuncian o Aninovo seguiranse en directo desde a praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.

Ana Peleteiro, actual campioa de Europa de triplo salto en pista cuberta e unha das grandes figuras do deporte galego, está preparando a súa participación nos Xogos Olímpicos de Toquio. Galardoada coa Medalla Castelao neste 2020 e co Premio ao Deporte Galego en 2019, Peleteiro exerce de embaixadora da lingua e a cultura galega polas pistas de todo o planeta e non é allea ao mundo da televisión, xa que o seu paso polo ‘Land Rober Tunai Show’ da TVG foi un dos momentos do ano para os seguidores da Televisión de Galicia.

A atleta salientou a súa ilusión por poder compartir esta cita na TVG con Xosé Ramón Gayoso “e máis neste ano tan complicado para todos”, antes de desexar para o Aninovo “moita saúde para todos os galegos”. @mundiario

Ana Peleteiro despedirá o ano con Xosé Ramón Gayoso na TVG
Comentarios