Ana Celia Vázquez estará con Fran L. Iglesias á fronte do informativo máis madrugador da TVG

Ana Celia Vázquez Fran López Iglesias. / Mundiario
Fran López Iglesias e Ana Celia Vázquez. / Mundiario

O informativo continuará desenvolvendo un faladoiro, no que participan convidados especializados nos temas de maior transcendencia, e entrevistas, sempre ao fío da actualidade.

Ana Celia Vázquez estará con Fran L. Iglesias á fronte do informativo máis madrugador da TVG

O espazo Bos Días da TVG, que de luns a venres actúa como o espertador informativo de Galicia, remodela desde este luns a súa imaxe e o seu formato nunha clara aposta pola actualidade e a información máis próxima, segundo anuncia a TVG. Para esta nova etapa, o informativo da Televisión de Galicia vai experimentar algúns cambios na súa estrutura, acordes ao proceso de dixitalización da CRTVG, ademais da renovación da súa imaxe, cunha nova liña gráfica no estudio. A xornalista Ana Celia Vázquez ponse nesta etapa á fronte do informativo xunto a Fran López Iglesias.

O informativo Bos Días da TVG continuará desenvolvendo un faladoiro, no que participan convidados especializados nos temas de maior transcendencia, e entrevistas, sempre ao fío da actualidade e indo ao porqué das cousas.

A integración das redaccións e delegacións e a máxima atención a Internet e ás redes sociais van ter o seu reflexo nos contidos, a través de conexións diarias desde o estudio coa redacción central de informativos da TVG, para o seguimento da actualidade. Nestas conexións, Marga Pazos e Loli Gómez achegarán as informacións das que darán cumprida conta nos seus respectivos espazos informativos, Galicia Noticias e A Revista, mentres que a xornalista Cruz Negreira ofrecerá os contidos máis destacados do que se move na Rede. Ademais, establecerase un cuarto contacto diario coa nova redacción dixital para trasladar as noticias de última hora.

O Bos Días tamén fará cada mañá unha rolda de conexións coas delegacións dos medios públicos galegos en Ourense, Lugo, Vigo e A Coruña, co gallo de ofrecerlle á audiencia información local e actualizada sobre o que está a pasar, así como para adiantar a axenda co que vai ser noticia durante a xornada. Amais, desde primeiras horas da mañá, o Bos Días establecerá conexións en exteriores para primar a proximidade e a información a pé de rúa, onde se produce a noticia. @mundiario

Comentarios