Altri oculta ou ignora a identificación-cuantificación de substancias contaminantes

Una vista panorámica de la protesta contra Altri. / Xurxo Lobato
Unha vista panorámica da protesta contra Altri. / Xurxo Lobato

Tampouco se coñecen as emisións difusas de Altri que escapan a atmósfera fora das que emite pola cheminea de 75 metros de altura.

Altri oculta ou ignora a identificación-cuantificación de substancias contaminantes

O proxecto industrial da multinacional portuguesa Greenfiber (Altri 75% do total) e da empresa  Greenalia (25%), apoiadas dende o primeiro momento pola Xunta de Galicia, da a coñecer e cuantifica no seu estudo de impacto ambiental as emisións atmosféricas de catro contaminantes.

O mesmo informe oculta ou ignora a identificación-cuantificación doutras 10-15 substancias contaminantes que si citan e declaran outras celulosas. Tampouco se coñecen as emisións difusas de Altri que escapan a atmósfera fora das que emite pola cheminea de 75 metros de altura. 

Altrti mesmo restáselle importancia o dióxido de carbono e outros gases de efecto invernadoiro e non os cuantifica, a pesar de que os documentos que presentan a Administración teñen 1.260 páxinas e unha decena de anexos.

A Xunta de Galicia declarou no ano 2022 esta iniciativa empresarial como proxecto industrial estratéxico.

Datos de Altri para Galicia. / Mundiario
Datos de Altri para Galicia. / Mundiario

O complexo industrial que Greenfiber-Greenalia quere instalar en Palas de Rei (Lugo) para fabricar 400.000 toneladas/ano de celulosa soluble  e 200.000 toneladas/ano de fibra téxtil, Lyocell,  traería asociada  emisións directas á atmósfera elevadísimas para calquera industria:

 252,5 toneladas/ano (t/ano) de partículas  PM10

 577,58 t/ano de óxido de xofre (SO2)

 2.180,9 t/ano de óxidos de nitróxeno (NOx) e 

 53,22 t de TRS (compostos volátiles reducidos de xofre  como sulfhídrico).  

Si comparamos as emisións só de óxidos de nitróxeno (NOx) que tería Altri en Palas (2.180,9 t/ano) coas que declaran as industrias no PRTR, Rexistro Estatal de Emisións e Focos Contaminantes, comprobamos que no Pais Vasco ningunha industria alcanza  tais emisións (a refinería Petronor sería  campión con 1.673 t/ano).

O mesmo sucede en Cataluña: Repsol de Tarragona ten 1.622 t/ano  e  na Comunidade Valenciana, BP -energia alcanza 1.280 t/ano. Si as comparamos coas industrias galegas,  Altri superaría a 128 complexos que declaran no PRTR  incluído ao campión das emisións (óxidos de nitróxeno) que é Tableros Intasa que  ten emisións de 2.150 t/ano.  

Tamén podemos comparar as emisións atmosféricas do proxecto de Altri de Palas en Lugo con Altri en Portugal e con The Navigator Company  e sorpréndenos  o seguinte: 

 Altri na Galiza emitiría  en:

a) Partículas  0,63 kg/t de pasta fabricada, mentres Celbi (produce 400.000 t/ano) de Altri en Portugal emite 0,16 kg/t e todo o Grupo Altri con tres celulosas emite de media 0,2 kg/t. 

b) Emisións de  óxidos de nitróxeno Altri na Galiza tería  5,45 kg/t  pero multiplica aquí por máis de cinco as emisións en Kg/t de Portugal (1,09 kg/t en Celbi e 1 kg/t no conxunto do Grupo). 

c) Óxidos de xofre (SO2) que en Portugal son 0,05  kg/t de pasta na celulosa Celbi (Figueira da Foz) e ate 0,1 kg/t todo o Grupo Altri , e aquí pretende emitir  1,44 kg/por tonelada e pasta fabricada . 

O resultado é que todo o Grupo Altri emite 157,4 t/ano de partículas, 1.120,7 t/ano de óxidos de nitróxeno e 85,6 de óxidos de xofre fronte a 252,5 t/ano, 2.180,9 e 577,58 t/ano do proxecto de Palas.

- No caso da celulosa de The Navigator Company (produce 649.193 t/ano) emite 1.737 t/ano , menos emisións totais en óxidos de nitróxeno que as que pretende emitir Altri na Galiza  e en óxidos de xofre emite 83 t/ano cando Altri emitiría 577,58 t/ano.

Impacto na saúde e no medio ambiente

Non parece que valoraran nin a Xunta de Galicia nin en Altri-Greenalia o impacto na saúde e no medio ambiente,  podería traer no futuro, vexamos só pequenos detalles: os compostos de nitróxeno asócianse con enfermidades respiratorias como asma, síntomas respiratorios (tos, sibilancia, dificultades para respirar...).

O dióxido  de xofre irrita a pel, as mucosas e os pulmóns, mesmo orixina tos, irritación na gorxa, e ambos óxidos convértense na atmósfera en ácidos que orixina a choiva ácida que prexudica aos materiais e a vexetación, bosques, determinados cultivos e prantas de prados, á apicultura, á agricultura ecolóxica (presente na zona)...

As partículas PM 2,5 (que Altri non cita pero que emite)  están consideradas pola OMS como un dos principais  indicadores de contaminación, penetran nos pulmóns e pasan ao torrente sanguíneo e  están relacionadas con enfermidades cardíacas –arritmias, infartos...– enfermidades respiratorias, cerebrais –ictus–, enfermidades neurodexenerativas e mesmo inflúen na diabetes e hipertensión. 

Aparte quedarían o cheiro e mal olor permanente na zona  provocados por mercaptanos, sulfhídrico e emisións difusas que poden alcanzar a ser a metade das emisións directas citadas Por non citar non menciono outros  problemas distintos típicos das celulosas: captación e alto consumo da auga, vertidos contaminantes,  xeración de residuos, plan forestal asociado ao eucalipto...

Tres preguntas sin resposta

Ante todo isto pregúntome:

1) Como pode estar o Goberno Galego a favor deste macroproxecto  contaminante?

2) Terá relación este posicionamento da Xunta  coa presencia de ex-altos cargos (mesmo unha exconselleira) en  Greenalia, empresa agora partícipe con Altri no proxecto?

3) Aceptaría Portugal un proxecto tan contaminante como o que presenta Altri aquí? @mundiario

Comentarios