Buscar

Alberto García Bernárdez gana o 15º premio de fotografía Xurxo Lobato

O segundo premio foi para María Soto Fernández, do IES Universidade Laboral de Ourense, pola foto Solpor en Grecia, e o terceiro premio, para Pablo Martins Tuche, do EISV, Escola de Imaxe e Son de Vigo, pola foto Caminante sobre nubes.

Alberto García Bernárdez gana o 15º premio de fotografía Xurxo Lobato
Adicción catódica. / Alberto García Bernárdez
Adicción catódica. / Alberto García Bernárdez

Redacción

Análisis de @mundiario

Alberto García Bernárdez recibeu o 15º premio de fotografía Xurxo Lobato, coa foto titulada Adicción catódica. É alumno do EISV, escola de imaxe e son de Vigo. Nesta edición presentaronse alumnos de 24 centros de ensino de 17 ciudades e vilas de Galicia, con máis de 290 fotos.

O segundo premio foi para María Soto Fernández, do IES Universidade Laboral de Ourense, pola foto Solpor en Grecia, e o terceiro premio, para Pablo Martins Tuche, do EISV, Escola de Imaxe e Son de Vigo, pola foto Caminante sobre nubes. A bolsa foi para o colectivo dos alumnos de IES Monelos da Coruña.

No acto de entrega participaron, entre outros, o concelleiro de educacion da Coruña, Jesus Celemín; o director do IES Monelos, Antón Orosa e os membros do xurado do 15º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato convocado pola Asociación de Amigos do Instituto de Monelos A Coruña. Presideu a reunión Xosé A.  Fraga, presidente da Asociación de Amigos do Instituto Monelos e presidente do xurado, e actuou como secretario do xurado,  con  voz e sen voto, Xoán Antón Pérez Lema, colaborador de MUNDIARIO. Completaron o xurado, con voz e voto, o vocal da asociación, Marcos Sánchez, e mailos expertos de arte e fotografía Rosario Sarmiento e Xurxo Lobato –colaboradores de MUNDIARIO– e Xosé Díaz Arias de Castro. O xurado valorou a singularidade, a boa realización, a capacidade narrativa e de impacto e  a  actualidade da concepción  visual do premiado, Alberto García Bernárdez. @mundiario