Agresión a unha persoa maior nunha aldea de Rianxo

Lugar de Montegrade, en Rianxo (A Coruña), no que se produxo a agresión. / Mundiario
Lugar de Montegrade, en Rianxo (A Coruña), no que se produxo a agresión. / Mundiario
Unha muller de 71 anos denuncia que foi agredida na súa propiedade e no camiño colidante á súa casa de Montegrande, na parroquia de Asados.
Agresión a unha persoa maior nunha aldea de Rianxo

Unha muller de 71 anos denunciou ante a Garda Civil do posto de Rianxo (A Coruña) que foi agredida na súa propiedade e no camiño colidante á súa casa. Sucedeu o pasado xoves 19 de agosto, arredor das 21 horas, no lugar de Montegrande, na parroquia de Asados.

Os feitos comezaron cando a señora atacada estaba do outro lado do camiño, nunha finca que tamén é da súa propiedade, e onde ten un galiñeiro e un garaxe. Nese momento, pasou polo citado camiño unha moza residente nunha aldea próxima con dous cabalos, que asustaron a unhas galiñas que estaban soltas nese intre. Entón, a señora díxolle á moza que era mellor que pasara por outro lado –hai outros traxectos dispoñibles– e acto seguido, sin mediar palabra, a moza amarrou aos cabalos no muro que rodea a propiedade da señora e, segundo denunciou oficialmente, comezou a golpeala.

Hai denuncia na Garda Civil

Da súa testemuña, que obra en coñecemento da Garda Civil de Rianxo, despréndese que a presunta agresora primeiro intentou quitarlle as gafas, as cales quedaron danadas. A agredida tentou resistirse, polo que a suposta agresora colleu un pau longo que atopou nun feixe de leña e empezou a batela tanto no corpo coma na cabeza, chegando a tirala ó chan onde lle propinou máis golpes e patadas, precisa a muller agredida.

A muller agredida recorda que se sinteu moi asustada, temendo mesmo pola súa vida, xa que escoitou verbas como: “te mato, te voy a matar”. Finalmente, cando a moza estaba agarrándoa polo pescozo, chegou un coche, cuxo conductor resultou ser a parella da presunta agresora, e que tras chamala, deixou de golpear á agredida, deixándoa no chan. Nese momento, a parella da agresora, un home duns 37 anos pertencente a unha familia veciña, foi onda a señora e díxolle que a súa parella tiña dereito a pasar por alí cando quixera. Sin ser auxiliada, á muller ferida engade que o home subeu ao coche e marchou. A agresora pola súa parte desamarrou aos cabalos e abandonou o lugar dos feitos. 

Unha vez sola, a muller levantouse con dificultade e dirixiuse á casa para chamar por teléfono a familiares para que acudiran e a levaran á clínica de Rianxo, sendo despois trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para probas máis exhaustivas, xa que os golpes, especialmente os recibidos na cabeza, eran preocupantes.

Piden medidas "para que esto non volva a ocorrer"

Ao parecer, a confronta viña dun par de anos atrás. A presunta agresora, que vive desde fai poucos anos nunha aldea próxima situada a menos de dous kilómetros de Montegrande, empezou a levar os seus cabalos a fincas preto de onde tiña as súas ovellas a muller agredida, forzando a que esta cambiara os seus animais a outros terreos. Despois de terlle contado a situación á agresora e de pedirlle ter unha convivencia en paz entre elas e os propios animais, a moza comezou a insultala e a amenazala, segundo constata a muller. A agredida, temendo que algo puidera pasar, tamén ten acudido á Garda Civil para contarlles a situación, pero sin presentar denuncia.

Tras o parte de lesións que consta en poder de MUNDIARIO e a denuncia en curso na Garda Civil, da que este periódico tamén ten copia, a agredida e a súa familia agardan que se tomen as "medidas necesarias para que esto non volva a ocorrer" e que se resolva "a través dos xulgados", sen que volvan a producirse "acontecementos violentos de ningún tipo". @mundiario

Agresión a unha persoa maior nunha aldea de Rianxo