A AGADIC resaltou a necesidade de profesionalizar os festivais de música de Galicia

Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais. / CRTVG
Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais. / CRTVG

Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais, fixo fincapé no Resurrection Fest de Viveiro, do  que explicou que era o festival máis grande de Galicia e un dos máis importantes de España. 

A AGADIC resaltou a necesidade de profesionalizar os festivais de música de Galicia

O programa Bos Días da TVG recibiu hoxe a Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), que abordou, na súa entrevista con Marcos Sueiro, o auxe e profesionalización dos festivais de música en Galicia para este verán.

Sutil remarcou en primeiro lugar a creación de Fest Galicia, “unha aposta na que colabora a Xunta por profesionalizar a xestión dos festivais e abordalos como empresas”. Fixo fincapé no carácter estratéxico das festas musicais para atraer turismo de toda España. Entre as estratexias de Fest Galicia destacou a a creación de plan estratéxicos, a colaboración entre diferentes festivais e o fomento destes como ferramenta de cultura. Entre as características únicas dos festivais da nosa comunidade, Sutil falou da combinación entre música e gastronomía ou ou os prezos accesibles “moito máis baratos que en Madrid ou outras partes de España”.

Concretando os vindeiros festivais que terán lugar este verán, Sutil referiuse en primeiro lugar o “Son do Camiño”, en Compostela o vindeiro fin de semana e o cal cualificou como “unha preparación para a data chave do Xacobeo 2021”. Tamén fixo fincapé no Resurrection Fest de Viveiro, do que explicou que era o festival máis grande de Galicia e un dos máis importantes de España. Sobre el, remarcou que atraía arredor de 25.000 persoas por día, das que só o 30 % eran galegos, polo que incidiu que “cómpre valoralos como activo cultural e turístico que se debe apoiar dende as institucións.

Para rematar, Sutil falou de outros festivais como o Sin Sal da Illa de Simón ou o Portamérica, “asociado a gastronomía con 20 cociñeiros con estrela Michelín” ou das novidades deste ano: “Vive  Nigrán e o Festival Ribeira Sacra”. @galiciamundiari

Comentarios