Sobre o aforro e as virtudes perdidas

Manos de jóvenes.
Mans de xoves.
A relativa prosperidade da que se disfruta nos nosos tempos costou muito acadala e non está de ningunha das formas garantida.
Sobre o aforro e as virtudes perdidas

Un gran  artigo do meu amigo Pepe Castro lembrando unha conferencia feita hai xa bastantes anos fixome ver a conveniencia de aclarar algúns dos pontos que nela se trataron. A simple vista pode parecer unha sorte de censura a algunhas das costumes que pode ter a  moderna xuventude, pero nada máis lonxe da miña intención. Primeiro porque a figura do censor como garante do mentemento da moral pública despareceu como institución coa caida do Imperio Romano e segundo porque non seu eu quen de censurar os valres de hoxe en día. E máis en xeracións de personas excelentes que están dando proba dunha capacidade de adaptación extraordinara a todo tipo de crises que por desgraza tiveron que padecer.

De ter que critiicar a alguén tería que ser en todo caso a nosa xeración, na que me incluo polo tipo de valores que nos lle transmitimos. De haber algún culpable creo que a carga da culpa debería recaer máis en nón, pois fomos nós os que rompemos coa cadea de transmisión de valores.

Pero tampouco quero caer no erro de xeralizar e culpar de forma colectiva a ninunha xeración, e muito menos eu que peco dos mesmos (ou incluso máis) defectos cos meus contemporáneos. Na conferencia simplesmente pretendía facer dous recordatoriosas personas que me estaban a escoitar naqueles momentos, por se querían telos en conta.

O primeiro deles é que a relativa prosperidade da que se disfruta nos nosos tempos costou muito acadala e non está de ningunha das formas garantida. Foi o sacrificio das xeracións pasadas, cos seus hábitos de traballo e aforro as que permitiron construir  os equipamentos e bens de capital que asúa vez permiten producir o necesario para poder disfrutar dos bens e servizos dos que hoxe disfrutamos. Cando un xoven usa un telemóvel, por exemplo, debe ter en conta a sofisticadísima estructura de capital que permite facelo. Dende satélites a redes de fibra, dende fábricas de baterías a plantas de ensablanxe, incluindo as esttradas en centrais elécticas que posibilitan os proecesos todos estos bens foron financiados co  traballo e co aforro e polo tanto co sacrificio dos nosos antepasados correctamente investido a través das instirucións de crédito. E tamen é bo saber que o mero mantemento destas infraestructuras e plantas industriais segue a necesitar de aforro e sacrificio para que segana  funcionar. De non darse estos lentamente esmorecerán.

O segundo aspecto que debe ser lembrado é que o actual nivel de vida non está para nada garantido. Daniel Bell decía nun vello libro seu, hoxe esquecido, Las contradicciones culturales del capitalismo, que as xeracións que xa disfrutaron dende o seu nacemento de boas condicións de vida non son conscentes dos preocesos que levaron a superación da miseria e as dan por garantidas como se estas formasen parte do mundo natural. Isto pode levar a algunhas personas a pensar que teñen algunha sorte de dereito a este nivel de vida. Nada máis errado. En ningunha parte está escrito que as actuais formas de vida ou de consumo están garantizadas, nen polos estados nen por algo tan etéreo como é  a “sociedade”.  Menten quenes lle din que esos dereitos existen, pois estos teñen por forza que ser garantidos con recursos económicos suficientes e de carecer destos non hai estado ou sociedade que podan garantilos. Estados e sociedades só dipoñen dos recursos que poidan eles xerar, e de non dispor deles non hai forma humana de facelos efectivos por moi recollidos en constitucións e estatutos que estén.

A conclusión da conferencia a que se refería meu bon amigo é que de perderse os hábitos e costumes que nos fixeron prósperos en poucas xeracións podemos perfectemente voltar a situacións de pobreza e escasez que creíamos destarradas da historia humana e que, por tanto, un discurso social que esqueza que a prosperidade costa  muito e que se centre en reclamar á “sociedade” bens e dereitos gratuitos a costa do colectivo é unha receta segura para a regresión social. @mundiario

Sobre o aforro e as virtudes perdidas
Comentarios