Adega plantéxase onde aparecerá a próxima metástase e Sogama

Planta de Sogama.
Planta de Sogama.

Fracasados os intentos de facer sotarramentos en Lousame e Trazo agora queda por ver qué pasa en Ordes. Adega califica a Sogama de "ateigada e insustentábel".

Adega plantéxase onde aparecerá a próxima metástase e Sogama

Os proxectos de vertedoiros "en B" agroman en Galicia consonte mingua o espazo nos complexos de Cerceda e As Somozas. A Xunta xa denegou a autorización ambiental do macro-vertedoiro de Lousame (A Coruña), unha instalación para soterrar 1 millón de toneladas de residuos ás portas da ría coruñesa de Noia. 

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta rexeita o proxecto por "causar efectos negativos significativos sobre o medio ambiente", "contradicir o principio de promover a valorización fronte á eliminación" e por contar "cun forte rexeitamento social".

Segundo Adega, esta era só unha das metástases da "ateigada e insustentábel" Sogama, que pretendía valerse de Lousame –como antes de Trazo, desistido, e Ordes, pendente de resolución–, como "caixa B" para soterrar máis residuos, camuflándoos de "xestión ambiental".

A ubicación deste macro-vertedoiro pretendía tamén "vampirizar" a planta de compostaxe da Mancomunidade Serra do Barbanza, ao situarse ao seu carón, e deteriorar a imaxe do sistema alternativo a Sogama que, segundo Adega, millores cifras de reciclaxe presenta de Galicia e boa parte de España.

"Dende Adega queremos de parabenizar á cidadanía, plataformas, confrarías e grupos políticos polo seu compromiso co ambiente, que demostra que a auto-organización e a mobilización social dan os seus froitos. A pregunta é agora, onde aparecerá a próxima metástase e Sogama?", plantéxase esta organización ecoloxista. @mundiario

Adega plantéxase onde aparecerá a próxima metástase e Sogama
Comentarios