A actividade económica de Galicia frenou no mes de decembro

Santiago Lago Peñas. / Mundiario
Santiago Lago Peñas. / Mundiario
O Indicador Abanca - Foro de Conxuntura Económica de Galicia acada un valor de +3,0% en termos interanuais no mes de decembro, o que supón un descenso de catro décimas respecto ao mes anterior.
A actividade económica de Galicia frenou no mes de decembro

O Indicador Abanca - Foro de Conxuntura Económica de Galicia amosou no mes de decembro un incremento interanual do +3,0%. Dirixido por Santiago Lago, o Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica.  Máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega.

O crecemento supón unha lixeira redución no ritmo de recuperación da actividade económica nesta comunidade de catro décimas respecto ao mes de novembro. En todo caso, o dato de decembro confirma o que xa se anticipara en novembro consecuencia dos atrancos motivados pola falla de subministros e a alza dos prezos nas materias primas.

As cifras mensuais do Indicador dos meses de outubro, novembro e decembro amosan un incremento medio da actividade económica en Galicia no entorno do 3,5% en termos interanuais, reforzando a tendencia globalmente positiva da actividade económica galega no verán.  

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador amosa, persiste o comportamento extraordinario das variables referentes ao sector turístico (viaxeiros entrados e transportes de pasaxeiros) con crecementos interanuais superiores ao 100%.

Igualmente, outra variable cun crecemento destacable en Galicia son as afiliacións á Seguridade Social que acada o 35% de subida en termos interanuais.

En sentido contrario, as vendas do comercio polo miudo sufren un retrocesosalientable de máis dun 20% en termos interanuais. @mundiario

A actividade económica de Galicia frenou no mes de decembro
Comentarios