A actividade económica de Galicia contrae o seu crecemento no mes de xaneiro

Industria 4.0. / Mundiario
Industria 4.0.

Este indicador crece un 2,4% en termos interanuais no mes de xaneiro. O valor acadado supón un descenso de seis décimas respecto ao mes de decembro.

A actividade económica de Galicia contrae o seu crecemento no mes de xaneiro

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia amosou no mes de xaneiro un incremento interanual do +2,4%.

Este crecemento persiste na redución no ritmo de recuperación da actividade económica nesta comunidade iniciado en novembro do ano pasado, por mor dos atrancos motivados pola falla de subministros e a alza dos prezos nas materias primas anteriores ao comezo da guerra en Ucraína en febreiro.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador, ao igual que en meses anteriores continua o salientable comportamento das variables referentes ao sector turístico (viaxeiros entrados e transportes de pasaxeiros) con crecementos interanuais superiores ao 50%. 

En sentido contrario, o Índice de produción industrial (IPRI) sufre un retroceso salientable de máis dun 20% en termos interanuais.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica.  Máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @mundiario

Comentarios