A actividade económica galega modera o seu crecemento no mes de decembro

Hostal de los Reyes Católicos, en Santiago de Compostela. / RR SS
Hostal de los Reyes Católicos, en Santiago de Compostela. / RR SS
O Indicador medra un 2,9% en termos interanuais no mes de decembro. Este valor supón unha décima menos que o rexistrado no mes de novembro, cando se acadara a cifra máis alta do ano.
A actividade económica galega modera o seu crecemento no mes de decembro

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou no mes de decembro un incremento interanual do +2,9%. Este valor é unha décima menos que o acadado no mes de novembro.

Finalizado o ano, a media do valor ao longo dos doce meses é dun +2,4%.  Trátase dunha cifra superior ás previsións coas que se comezara 2023, que dan mostra dun comportamento da actividade económica mellor das expectativas.  Este comportamento positivo ven motivado por unha evolución salientable do turismo nesta comunidade, así como a recuperación do sector do automóbil. O ano 2023 foi de récord para ambas as dúas ramas de actividades.

Cara 2024 persisten os factores de incerteza económica que veñen caracterizando os últimos meses dentro dun contexto económico internacional con algún síntoma de estancamento, especialmente nalgúns países veciños europeos como Alemaña.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador cómpre destacar primeiramente que nove das quince variables recollidas amosan un crecemento positivo.  Asemade, despois de seis meses de retroceso, as variables referente ao comercio internacional (tanto exportacións como importacións), recuperan o signo positivo na súa evolución.  Destaca especialmente o comportamento das importacións, cun incremento de más dun 10% que se sitúa como a variable cun maior crecemento interanual no mes de decembro.

En sentido contrario, destaca negativamente a evolución de dúas variables con descensos interanuais que se sitúan próximos ao 10%.  Estas son o transporte marítimo de mercancías (cargadas e descargadas) e o índice da cifra de negocios nos servizos.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica. Máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @mundiario

Comentarios