Buscar

Acordo no Parlamento de Galicia sobre a recuperación do Pazo de Meirás

"Estamos seguros que haberá un antes e un despois de esta votación. E un momento para compartir a ilusión que xenera este logro", di a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Acordo no Parlamento de Galicia sobre a recuperación do Pazo de Meirás
Pazo de Meirás.
Pazo de Meirás.

Firma

Xoán Dou

Xoán Dou

El autor, XOÁN DOU, es colaborador de MUNDIARIO, donde analiza la actualidad. @mundiario

O Parlamento de Galicia ven de alcanzar un acordo por unanimidade sobre a recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público, apoiando o informe histórico-xurídico, e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ve neso un punto de inflexión. 

"Este acordo reflexa a saúde democrática do país, e un momento de gran satisfación para toda a cidadanía", suliña a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Na súa opinión, hai unha vontade unánime de todos os grupos políticos da cámara en reclamar a recuperación dun entorno tan simbólico como o Pazo de Meirás.

"Temos que felicitar a todos os partidos políticos por este esforzo de consenso na procura dun futuro de madurez democrática. Estamos seguros que haberá un antes e un despois de esta votación. E un momento para compartir a ilusión que xenera este logro", di a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. @mundiario