Buscar

É absurdo que os de Padrón non poidan atravesar a Pontecesures e poidan viaxar a Ferrol

No ámbito das decisións xurídicas, Galicia conta, dende  2007, cunha Lei de emerxencias (aprobada polo BNG e o PSdeG - PSOE co voto en contra do PP de Feijóo) que achega dous dos tres instrumentos que fornece a declaración do estado de alarma.
É absurdo que os de Padrón non poidan atravesar a Pontecesures e poidan viaxar a Ferrol
Á esquerda, Pontecesures; a dereita, Padrón. / Google Maps
Á esquerda, Pontecesures; a dereita, Padrón. / Google Maps

Firma

Xoán Antón Pérez Lema

Xoán Antón Pérez Lema

El autor, XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA, socio-director de Pérez Lema Avogados e Consultores y secretario general de Acouga, es abogado y analista político en MUNDIARIO, TVG y Radio Galega. Profesor en escuelas jurídicas. Ex jefe de gabinete de Presidencia de la Xunta con Pablo G. Mariñas y ex secretario general de Relaciones Institucionales con Anxo Quintana. @mundiario

Pedro Sánchez fallou co ineficiente mando único do confinamento e falla co mando único do desconfinamento. O Goberno do Estado atende  á súa ideoloxía unionista e recentralizadora e á súa mentalidade centralista-mesetaria no canto de atender a razóns de eficacia e eficiencia, mentres os sistemas federais de codecisión alemán e suizo acadan os mellores postos canto á xestión da pandemia.

O erro do Goberno do Estado no confinamento foi confundir a necesaria coordinación e codecisión propias dos Estados plurais, como Alemaña ou –teóricamente– o Estado español co desaquelado e ineficiente Mando Único. E no desconfinamento o erro é semellante:  o lóxico sería que o Estado español, en coordinación coa UE, establecera unhas recomendacións xerais de mínimos e actuase de central de dados e información, mentres as Administracións autonómicas, en estreita cooperación cos concellos, decidisen e executasen no territorio o desconfinamento.

Non só evitaríamos deste xeito absurdos como que os de Padrón non poidan atravesar a Pontecesures e si poidan viaxar a Ferrol ou impor franxas horarias para o exercicio físico no concello de Cerceda –5.001 habitantes–, malia o seu espallamento poboacional. Tamén planificaríase a volta a certa actividade económica en diálogo cos axentes sociais e económicos territoriais, evitando que os grandes de Madrid dos sectores turístico-hostaleiro ou da distribución comercial falen por todas.

No ámbito das decisións xurídicas, cómpre lembrar que Galicia conta, dende  2007, cunha Lei de emerxencias (aprobada polo BNG e PSdeG - PSOE co voto en contra do PP de Feijóo) que achega dous dos tres instrumentos que fornece a declaración do estado de alarma: requisas temporais de bens e empresas (coa obriga recíproca da Xunta de indemnizar os danos e perdas) e prestacións persoais. Canto á terceira achega do estado de alerta (a restrición de mobilidade), a lexislación sanitaria estatal e autonómica permítelle ao Sergas decidir medidas de tratamento, hospitalización e mesmo control e monitorizamento das persoas doentes e outras que estiveran en contacto con elas.  É dicir, o estado de “alarma” estatal xustificaríase só pola necesariedade dunha restrición universal da mobilidade.

Logo hai dúas decisións posíbeis: 1) voltarmos á normalidade xurídica, repoñendo as autoridades autonómicas en todas as súas funcións decisorias e substituíndo as restricións obrigatorias universais de mobilidade por recomendacións continuamente difundidas, na confianza de que a cidadanía asumiu en liñas xerais as normas de hixiene, prevención e distancias interpersoais ou 2) prorrogar limitadamente (entre 15 días e un mes) o estado de alerta, conferindo a cualidade de autoridades delegadas do Goberno do Estado aos presidentes autonómicos para dirixir o desconfinamento asimétrico. Nada máis lóxico nun Estado onde a sanidade, a educación, o comercio interior e o turismo son competencias autonómicas.

Ao Estado  haberíalle cumprir, nesta fase, a súa función natural nun Estado plural: coordinar políticas coa UE, garantir o financiamento das políticas públicas e asesorar coa mellor información e recomendacións (como fai o Goberno federal alemán) aos Gobernos autonómicos. @mundiario