Abanca e a Federación Galega de Comercio dan un impulso á competitividade dos negocios

O director territorial de Abanca en Lugo, Walter Álvarez; o director de Rede Comercial de Abanca, Gabriel González, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López.
O director territorial de Abanca en Lugo, Walter Álvarez; o director de Rede Comercial de Abanca, Gabriel González, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López.

O banco e a federación renovan un texto que inclúe produtos de financiamento adaptados ás necesidades do sector. O texto recolle as demandas do colectivo á entidade financeira para reforzarse ante as grandes superficies e os comercios online.

Abanca e a Federación Galega de Comercio dan un impulso á competitividade dos negocios

Abanca e a Federación Galega de Comercio (FGC) avanzan na súa estratexia conxunta de apoio aos negocios de proximidade, según informa Abanca. O banco e a asociación que agrupa aos comerciantes da comunidade renovaron en Santiago a súa histórica colaboración, que incorpora novas opcións de financiamento dirixidas a asociados e clientes.

Na firma do novo texto participaron o director de Rede Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa; o director territorial de Abanca, en Lugo, Walter Álvarez Álvarez; e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López. O convenio recolle as demandas do colectivo á entidade financeira, que se centran nunha atención máis especializada e novos produtos para gañar en competitividade respecto ás grandes superficies e os comercios online.

O acordo supón unha mellora substancial para os autónomos e empresarios deste sector nas condicións de contratación de determinados produtos da entidade financeira. Especificamente, os integrantes da FGC atoparán respostas para novos investimentos grazas a préstamos persoais ou hipotecarios, así como leasing mobiliario con xuros atractivos e un prazo de amortización de ata cinco anos.

As solucións de financiamento tamén inclúen alternativas como a póliza de crédito, que poderá ser a tipo fixo ou variable, con condicións melloradas. Neste epígrafe Abanca, tamén inclúe respostas a través de avais, liñas de comercio exterior ou desconto comercial, entre outros.

O texto rubricado por ambas entidades esténdese tamén a outros programas de financiamento oficial, grazas aos acordos firmados co Igape, o ICO e as sociedades de garantía recíproca. Os comerciantes tamén poderán acceder ao Plan Activamos, o programa de impulso financeiro lanzado por Abancae as catro deputacións galegas.

Os clientes dos establecementos tamén cobran protagonismo con este texto, xa que Abanca, habilita propostas de crédito adaptadas. Desta maneira, poden optar a financiamento áxil e directo no punto de venda grazas ao servicio APRAZOS, que se convirte nunha ferramenta útil para competir cos grandes establecementos.

Ao carón do comercio

A firma tamén serviu para avanzar no lanzamento da próxima campaña de promoción das compras nestes establecementos. A nova edición dos “Días azuis do comercio galego”, que puxeran en marcha as dúas entidades o pasado xunto á Xunta de Galicia, darase a coñecer nos vindeiros días. Repetirá a mecánica do ano pasado e permitirá gañar grandes premios a clientes e comercios.

Abanca, reforza con esta iniciativa o seu impulso ao comercio, un segmento clave da súa estratexia comercial. É por iso que os negocios contan cunha unidade propia, con xestores especializados e produtos adaptados á realidade do colectivo. @mundiario

Comentarios