Ábalos colapsa todos os accesos á cidade da Coruña, denuncia o Concello de Oleiros

Imaxe de Ábalos nunha campaña do Concello de Oleiros. / Mundiario
Imaxe de Ábalos nunha campaña do Concello de Oleiros. / Mundiario
O Concello de Oleiros inicia unha campaña para denunciar a lentitude de Transportes en Sol y Mar e esixir a ampliación da Pasaxe.
Ábalos colapsa todos os accesos á cidade da Coruña, denuncia o Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros solicita a toda a cidadanía da comarca da Coruña que participe na campaña iniciada na plataforma change.org para esixir ao ministro de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que ordene á empresa adxudicataria da obra de Sol y Mar dobrar quendas de traballo e acelerar o ritmo de construción para reducir os tempos de execución.

Na petición tamén se demanda que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana realice todos os trámites necesarios para contratar a ampliación da Ponte Pasaxe con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, para que se execute tan pronto como finalice o túnel de Sol y Mar.

O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, do que é titular José Luis Ábalos, está a colapsar todos os accesos á cidade da Coruña pola deixadez na execución da necesaria obra do túnel de Sol y Mar. Cun retraso de máis de 7 meses desde a sinatura do contrato, iniciaron os traballos en pleno verán, a un ritmo moi lento e sen dobrar quendas de traballo. 

 

Segundo o Concello de Oleiros, esta importante actuación de pouco servirá para resolver o grave problema de mobilidade se a escasos metros se mantén o embudo na Ponte Pasaxe, polo que unha vez finalizase Sol y Mar o Ministerio debería ampliar a ponte.

Neste momento ademais, o Goberno central dispón dunha oportunidade única para defender o interese xeral da área metropolitana da Coruña e pagar a obra da Ponte Pasaxe cos fondos europeos de recuperación. @mundiario

Comentarios