Durante 75 días de campaña desembarcáronse en portos cantábricos máis de 15.000 toneladas de bonito

Bonito. / RR SS
Bonito. / RR SS
Aínda que había esperanzas de que se poideran acadar complementos de cuota boniteira, o adianto da data de remate da campaña non outorga tempo de negociacións encamiñadas a este fin
Durante 75 días de campaña desembarcáronse en portos cantábricos máis de 15.000 toneladas de bonito

Malia ser o 28 deste mes a data prevista para rematar oficialmente a costeira do bonito en augas cantábricas, a Secretaría General de Pesca tomou o acordo de proceder ó peche da campaña 2020 de Tunnus Alalunga ás 24 horas do martes, 18. Por este motivo, só os grandes arrastreiros peláxicos europeos  (franceses e irolandeses) poderán capturar bonito en augas marítimas da Unión Europea. Unha captura absolutamente vedada para os barcos de bandeira española.

O peche desta costeira -o máis prematuro de toda a historia- prodúcese após ter constatado a SGP que se tiña consumido o 92% da cota. Este dato non se confirmou antes, algo que sorprendeu ás frotas boniteiras de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Basco. Precísamente foron os barcos de Euskadi os que advertiron que xa se rondaba o 90% da cota e aínda así a SGP (Secretaría General de Pesca) non tomou ata agora a decisión de suspender a pesqueira cando tradicionalmente, puñan sobreaviso á totalidade dos barcos participantes na campaña para non sobrepasar a cantidade asignada a España. Os barcos bascos tiñan a esperanza de que se poideran negociar concesións de pequenas partidas sobrantes que lles permitisen prolongar os días de costeira; pero todo fai pensar en que non haberá ampliación de ningún tipo. Sí poderán os arrantzales bascos dispoñer duns días de marxe para comercializar as cantidades de bonito que teñen actualmente en bodega. Pero non pescar.

Durante uns 75 días de campaña desembarcáronse en portos cantábricos máis de 15.000 toneladas de bonito (un 92,44%) co que só quedaban disponibles 1.230 toneladas  dun total de 16.262 toneladas que se fixaran como tope.

Con un forte ritmo de capturas, a costeira do bonito desenvolvéuse  dende o 3 de xullo ó 18 de agosto. O promedio do desembarque diario de capturas foi, entre o 3 de xullo e o 4 de agosto, de 278 toneladas. A partir do citado día 4 de agosto, o promedio reducíuse a 178 toneladas, con un descenso sistemático ata onte, martes. 

Aínda que había esperanzas de que se poideran acadar complementos de cuota boniteira, o adianto da data de remate da campaña non outorga tempo de negociacións encamiñadas a este fin, polo que, salvo sorpresas, a cota nacional estipulada en 16.262 toneladas vai ser inamovible.

España, Portugal, Francia e Irlanda son os países que realizan capturas dirixidas desta especie en augas comunitarias. Os prezos acadados na costeira que remata foi de entre 3,40 e 3,50 euros o quilo para o bonito mediano (de 4 a 7 quilos de peso) e de 3,60 a 4 euros o quilo de bonito grande (de 7 a 11 quilos). Os maiores desembarcos producidos en portos do Cantábrico destináronse ao sector conserveiro. @mundiario

Comentarios