O 40% dos menores de idade realizaron apostas nalgún momento

Xosé Manuel Recouso durante a entrevista con Marcos Sueiro. / CRTVG
Xosé Manuel Recouso durante a entrevista con Marcos Sueiro. / CRTVG

O psicólogo Xosé Manuel Recouso alerta sobre os riscos da ludopatía nun contexto de auxe para as apostas deportivas.

O 40% dos menores de idade realizaron apostas nalgún momento

Xosé Manuel Recouso, psicólogo da Asociación AGALURE, chama a atención sobre o risco da ludopatía entren os menores, nun contexto no que as apostas deportivas están en auxe e se anuncian por todos os soportes. Durante unha entrevista concedida á Televisión de Galicia no seu programa "Bos Días", Recouso sinalou que un 40% dos menores xa realizou apostas nalgún momento da súa vida, "o que é unha verdadeira salvaxada”.

O psicólogo destacou que non se podía facer nada contra a proliferación deste tipo de negocios, posto que son unha actividade legal, mais non o é a participación de menores nela, e “non hai ningún tipo de control, é unha queixa constante”. O psicólogo argumentou que esta é “unha actividade normalizada e socialmente aceptada” pero “cómpre ter tolerancia cero” polos seus riscos.

Na opinión do experto, a sinxeleza para apostar acentúa a gravidade do problema, xa que se pode facer mesmo dende o móbil, sen  necesidade de acudir a un salón de xogo, así como nas webs dos dous periódicos deportivos máis lidos de España, nas que se pode apostar de xeito instantáneo. O psicólogo explicou que, entre os riscos da ludopatía, está a tendencia a xerar pequenos furtos para obter diñeiro e mesmo illamento familiar. Para loitar contra esta problemática, mencionou a importancia do control familiar e da labor de concienciación nos centros de ensino. @galiciamundiari
 

Comentarios