Ás 19:50 horas deste domingo arrancarán os especiais informativos do 28-M en TVG e Radio Galega

Marta Darriba. / Mundiario
Marta Darriba. / Mundiario

Os medios públicos de Galicia seguirán a actualidade informativa do día con puntos de directo en toda a xeografía galega. Ás 20:00 horas, co peche dos colexios electorais, a CRTVG ofreceralle á audiencia unha enquisa elaborada por GAD3 para FORTA.

Ás 19:50 horas deste domingo arrancarán os especiais informativos do 28-M en TVG e Radio Galega

Os medios públicos da Corporación de Radio e Televisión de Galicia informarán este domingo, 28 de maio, do minuto a minuto da xornada electoral. As eleccións municipais poderán seguirse en directo en Televisión de Galicia, Radio Galega e G24.gal a través dunha programación especial que dará conta dos avances de participación, a evolución do escrutinio e a análise dos resultados.

Televisión de Galicia ofrecerá no serán un programa especial a partir das 19:50 h, presentado por Marta Darriba, Carlos Amado e Alberto Mancebo. Con eles, varios analistas debuxarán todas as claves dunha noite electoral que determinará a composición dos novos gobernos municipais para os próximos catro anos. O especial informativo mostrará en tempo real o escrutinio de todos os concellos de Galicia, con atención especial ás urbes de maior poboación, así como os resultados das principais cidades e as comunidades autónomas do conxunto do estado que se integran nesta cita coas urnas.

Tamén ás 19:50 h arrancará na Radio Galega o especial electoral cunha mesa de análise que dará contexto aos numerosos datos e reaccións políticas que se producirán ata ben entrada a madrugada.

O portal web G24.gal converterase o 28 de maio na gran referencia para os espectadores que opten polo teléfono móbil como o principal medio de información. A través dun mapa interactivo, os usuarios coñecerán en tempo real a evolución do escrutinio.

Ás 20:00 h, coincidindo co peche dos colexios electorais, os medios da CRTVG ofreceranlle á súa audiencia unha enquisa elaborada pola empresa GAD3 para FORTA. A sondaxe, elaborada nos 26 días previos á xornada electoral, ofrecerá datos das sete principais cidades galegas (Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol) e de catro comunidades autónomas (Madrid, Valencia, Aragón e Castela-A Mancha). @mundiario

Comentarios