No Día das Letras Galegas

maxresdefault_opt
Xela Arias no Día das Letras Galegas.

A Real Academia Galega rende homenaxe a unha poeta que representa á xeración dos anos oitenta, Xela Arias, unha escritora comprometida, defensora da lingua galega.

No Día das Letras Galegas

Xela Arias naceu o ano 1962 en Sarria e morreu en 2003 en Vigo, moi nova aos 41 anos. Foi licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa en Compostela. Poeta en galego da súa xeración mais tamén exerceu de profesora de instituto de ensino medio e editora, traballou para Edicións Xerais e de tradutora de clásicos ao idioma galego de obras clásicas en diversas linguas como italiano, inglés, español e portugués.

Publicou desde 1982 artigos en revistas e xornais, así como varios libros, o primeiro en 1982 –Denuncia do Equilibrio–, despois Tigres coma Cabalos utilizando 24 poemas acompañados de fotografías con espidos, tamén o seu, despois publicou Diario a diario e xa en 2003 a súa última obra Intempériome. No ano 2018 publicouse a súa obra completa, Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004).

Foi a quinta muller a quen a Real Academia Galega dedicou o Día dás Letras Galegas, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Vitoria Moreno (2018).

O día 17 de maio, día da literatura galega, homenaxéase a Xela Arias, poeta, defensora da lingua galega, muller comprometida, defendeu e falou aos manifestantes contra a marea negra do Prestige. Segundo a Real Academia Galega representa aos poetas en poesía galega da xeración dos anos oitenta.

Figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas

En 1963, a Real Academia Galega decidiu celebrar o Día dás Letras Galegas como homenaxe á persoa destacada da literatura galega ou a defensa da lingua galega. Desde entón, e cada ano coincidindo co 17 de maio, a Real Academia Galega elixe un personaxe da literatura galega para renderlle homenaxe, coa obrigación de pasar 10 anos da súa morte.

A data do 17 de maio sinala o mesmo día en que se publicou en Vigo a obra de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos". Sinala o Rexurdimento da cultura galega. Desde entón foron homenaxeadas as seguintes persoas:

1963 - Rosalía de Castro. 1964 - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. 1965 - Eduardo Pondal. 1966 - Francisco Añón. 1967 - Manuel Curros Enríquez. 1968 - Florentino López Cuevillas. 1969 - Antonio Noriega Varela. 1970 - Marcial Valladares Núñez. 1971 - Gonzalo López Abente. 1972 - Valentín Lamas Carvajal.1973 - Manuel Lago González.1974 - Xoán Vicente Viqueira.1975 - Xoán Manuel Pintos Villar. 1976 - Ramón Cabanillas Enríquez. 1977 - Antón Villar Ponte. 1978 - Antonio López Ferreiro. 1979 - Manuel Antonio. 1980 - Alfonso X o Sabio. 1981 - Vicente Martínez Risco. 1982 - Luís Amado Carballo.1983 - Manuel Leiras Pulpeiro. 1984 - Armando Cotarelo Valledor. 1985 - Antón Losada Diéguez. 1986 - Aquilino Iglesia Alvariño. 1987 - Francisca Herrera Garrido. 1988 - Ramón Otero Pedrayo. 1989 - Celso Emilio Ferreiro. 1990 - Luís Pimentel. 1991 - Álvaro Cunqueiro Mora. 1992 - Fermín Bouza Brey. 1993 - Eduardo Blanco Amor. 1994 - Luís Seoane.1995 - Rafael Dieste. 1996 - Xesús Ferro Couselo. 1997 - Ánxel Fole.1998 - Poetas Medievais, ría de Vigo (Martín Códax, Mendinho e Johan de Cangas). 1999 - Roberto Blanco Torres.2000 - Manuel Murguía. 2001 - Eladio Rodríguez. 2002 - Frei Martín Sarmiento. 2003 - Avilés de Taramancos (Antón Avilés Vinagre). 2004 - Xaquín Lorenzo Fernández. 2005 - Lorenzo Varela. 2006 - Manuel Lugrís Freire.2007 - María Mariño. 2008 - Xosé María Álvarez Blázquez. 2009 - Ramón Piñeiro López. 2010 - Uxío Novoneyra. 2011 - Lois Pereiro. 2012 - Valentín Paz Andrade. 2013 - Roberto Vidal Bolaño. 2014 - Xosé María Díaz Castro.2015 - Xosé Filgueira Valverde. 2016 - Manuel María. 2017- Carlos Casares Mouriño. 2018- María Victoria Moreno Márquez. 2019- Antonio Fraguas Fraguas. 2020- Ricardo Carvalho Calero. 2021- Xela Arias. @mundiario

Comentarios