​Santiago de 'con pistola'

Peregrino en la plaza del Obradoiro. / FrAn LaREo para Mundiario
Peregrino, no Obradoiro. / FrAn LaREo para Mundiario

Peregrinación, universidade, gastronomía e esmorga. / Meca-festa

​Santiago de 'con pistola'

¡Se a Santo Andrés de Teixido vale ir morto como bichiño, aquí tes que vir ben vivo!

A cidade á que viaxa media cristiandade. Campus Stellae, e estrelas do seu campus levan saíndo unhas cantas, tanto no académico e as letras, coma no das farradas ou na carreira da vida.

O éxtase santiagués leva máis dun milenio dando froitos no arte, na escrita, xornais, poemas… Porque de almas sabe moito. Dende que en 1495 Lope Gómez de Marzoa, coa axuda de Martín Pinario montaran a Universidade son milleiros os nomes saídos das súas aulas. Refeita polo clásico Alonso Fonseca colega de Erasmo de Roterdam. Ata o mesmo “El Zorro”, William Lamport (Guillermo Lombardo) fixo pinitos de estudante no colexio dos irlandeses.

Pero esta vez imos falarlles das esmorgas que ten enriba Santiago.

Onde te mollas por fora, pero tamén por dentro, con auga ou ribeiro.  Está para perderse polas súas rúas húmidas, de pedra e musgo. A choiva lévanos a acubillarnos nuns lugares, as tabernas e bares.

A marcha vaille ó humán, un animal social, que “aprendeu antes a festexar que a cultivar”.

Xa hai un milenio que se achegan xentes de todos os confines, amistades e sentimentos emerxen nela, Compostela.  Estudantes, peregrinos, erasmus-orgasmus, veñen a embriagarse na cuestión de comer e beber, ou relacionarse coa xente.  Da mesma familia pais, avós, pais e fillos, ata 3 xeracións viviron a súa xarana. Ten aventuras e desventuras tolas, troulas enriba , ou máis resacas que o mar.

¡Se tes fame ou sede este é o teu fogar, a xogar!

Sempre acompaña unha tapa, ben para quecer o estómago ou enganar ás tripas, para continuar o imparable roteiro. Moi típico en Granada ou Salamanca. Pero Compostela de fame sabe, capital da gastronomía galega chea de pratos. Onde se pode degustar unha lamprea en sangue, e voltar á Antiga Roma. Unhas orellas do Orella, todo do porco. Peixes case aleiteando e mariscos saídos da auga, no Barrela do Franco, no Gato Negro da Raíña ou na Praza de Abastos. Empanada, tortilla das Titas ou un filete de “crocodrilo”. Sen xalar nunca quedas no San Clemente, Cabalo Branco, O DazaseisBodegón de Xulio, O Tigre, Caña Hueca… Ou facerse unha carreira ó deserto mollado do París-Dakar. Para bos petos e momentos unha comellona no Curro da Parra , A Tafona, ou Casa Marcelo.  Aliñando manxares coa bebida.

Tamén entra un café, té, licor, ou chocolate para quecer as húmidas tardes no Casino. Os bancos e árbores da Alameda teñen visto e ulido: paseos, razoamentos, discusións, amoríos e moitos tragos ó aire libre.

¡Ven a escuridade, as luces artificiais prenden, a pedra brila e cos ollos estrelados xa imos alumados! Dos primeiros que comezaron a alongar a noite, coma Disco-Pub son, Club Universitario na Quintana do Vivos no 1968, despois abre, Johakin ( Kilate, hoxe Ruta) no 70, o Modus Vivendi no 72, A Tafona en Entremuros no 1978, o Dado Dadá no 1980…  E así ata hoxe, un non parar. Escoitamos música autóctona no Abrente, na Casa das Crechas ou Pepa A Loba.  Bailar e suar, coñecer a persoal novo ou arrimarse á barra é un ritual no Miúdo, Apolo, Bloom, La Quintana, Pub Atlántico, Maicar, Libertiy, Blaster ou Bar Tolo Punk Rock. Ver asomar o sol, cegador de vampiros chupa tintos, no Corzo e As titas, ou en calquera casa e cafetería. A menciña para cura da fartura é repetir, unha e outra vez.

¿Quen non se ten corrido unha noite interminable desas santiaguesas? Todos somos un Roquer da Troya en potenza, chantado na pel de Arturo Fernández, galán, truán… Téñense feito ducias de versións, en libro ou peli. Tocada coa man mexicana ou de Castelao. Foto perenne da vida estudantil.

Raposería hai moita, e de aplicarse ás veces nin se acorda un. Aderezada con vivencias varias: Festas ata saír polos balcóns e fiestras, pisos abarrotados, acollendo xente agarimosamente a unha orxía social. Pocións máxicas e sustancias prohibidas. Primeiras experiencias en cociñar e ser anfitrión de colegas. Liscadas das forzas do orde, por liortas e desmáns. Ligoteos e escárceos amorosos, paixóns, ou noites de sexo desenfreado. Ir a exames sen durmir, non ir a clases vespertinas, copiar e birlar apuntes.  Empates dunha noite con outra, durmir en casa allea e espertarse tele-transportado… 

¡Chove! Cantos titulares de prensa surrealistas ten dado, a realidade supera a ficción.

Un cuarto das xente que habitan a Apostólica son estudantes, un oasis de xuventude e novas andanzas... Como dixo o Nobel Garcia Márquez: “Es una ciudad viva, tomada por una muchedumbre de estudiantes alegres y bulliciosos, que no le dan ni una tregua para envejecer”.

Capítulo aparte, é a cantidade de eventos culturais. Apréndese en cada esquiña, a historia rezouma nas súas rúas patrimoniais, coa banda sonora dunha gaita, dunha tuna. Paquete completo do gozo, na arte do ocio.

Xacobeo 2021-22, ano pandémico, deixounos ata o Derby. Esotérica, universal, sempre viva e inmortal, Iacobusland: “¡Hablad!, ¡Hablad de ella!... ¡Nunca, la olvidéis!”. Nós non a esquencemos, porque é unha praza bélica a que hai que vir, con boli e papel, a cabalo e armado “con pistola”, a Fin do Camiño. @mundiario

Comentarios