Monográfico sobre Venezuela
Cousa I
3 de xaneiro, o día do ataque dos EUA a Venezuela. Trump protagonizou un golpe falido no seu propio país –o ataque ao Capitolio–, así que o asalto militar a Caracas responde á súa natureza fascistoide e criminosa. Se se comporta como un matón na súa propia casa, ninguén debería agardar un comportamento distinto fóra dela.
Cousa II
4 de xaneiro. Trump declara: “Non podemos arriscarnos a que alguén máis controle Venezuela”. Ese alguén máis é, obviamente China. Ora, prefiro a obscenidade á hipocresía. Trump será o que sexa, mais ninguén poderá negar que é transparente.
Quen apoiar Trump xa sabe o que está a apoiar: o espolio de toda a vida baixo formas agora desacomplexadamente imperialistas: nada de retóricas democratistas, é o petróleo, estúpido, é o petróleo.
Cousa III
5 de xaneiro. O PP (Cuca Gamarra, na antena da SER) di ter dúbidas sobre se Washington violou o dereito internacional en Venezuela.
Supremo cinismo: ninguén do Partido Republicano ou do movemento Maga ten a máis mínima dúbida ao respeito.
Cousa IV
6 de xaneiro. Após meses a nos dar a turra axitando o espectro ruso, agora quen ameaza a integridade dun estado europeu é o amigo americano: a anexión de Groenlandia xa non parece unha brincadeira.
Cousa V
7 de xaneiro. "Estamos a piques de pór en marcha un acordo para ficar nós con todo o petróleo", avanza Marco Rubio.
A sinceridade imperial, máis unha vez.
Cousa VI
8 de xaneiro. Entrevistado por Xabier Fortes en TVE, o xeneral retirado Enrique Ayala deixa claro que os EUA contaron, no seu ataque a Caracas, coa colaboración de elementos militares e de intelixencia de Venezuela.
E canto ao petróleo, o asunto non é tanto que os EUA o exploten, senón que non o faga China, a potencia emerxente que desafía o Imperio.
To be continued. @mundiario