O grupo Editores de Compostela pon en marcha o seu segundo Exprés Literario

Terá lugar este sábado, as 20 horas, fronte ao Pub Medusa de Santiago (praza Salvador Parga, tras a igrexa das Ánimas). Durante dúas horas, sucederanse ata once presentacións e recitais.

O grupo Editores de Compostela pon en marcha o seu segundo Exprés Literario

O grupo Editores de Compostela, integrado por seis editoriais con sede na capital galega  —Edicións Positivas, Contos estraños, Alvarellos Editora, Hugin & Munin, Urco Editora e Sotelo Blanco— porá en marcha este sábado 1 de xuño, a partir das 20 horas, no Pub Medusa de Santiago, o seu segundo “Exprés literario”.

Baixo o lema Libros a toda mecha,  iranse sucedendo presentacións de novidades editoriais, recitais de poemas ou fragmentos de obras , acompañados, nalgúns casos, de música en directo.  A característica común a todos estes actos será a súa duración: ningunha presentación superará os dez minutos.

En total serán once microactos literarios  os que integrarán esta segunda viaxe do “Exprés literario” dos Editores de Compostela. Pola praza de Salvador Parga (tras a igrexa das Ánimas) onde se ubica o Pub Medusa, pasarán —en corpo ou en espírito—: Roberto Vidal Bolaño, Aurelio Aguirre, Fernando Trigo, Tomás González Aloha, Alberto Ramos, Carlos Gegúndez López, Prudencio Canitrot, Alejandro Tobar ou Mariña Pérez Rei, entre outros protagonistas. Así mesmo, haberá venda de libros con tenda outlet.

Comentarios