A verdadeira medida de Banesco verase cando conceda préstamos en Galicia

Rótulo de Novagalicia Banco.
Rótulo de Novagalicia Banco.

A tarefa que lle resta ao Goberno é a de convencer aos novos xestores de NCG de que se impliquen no desenrolo do país. A clave: que faciliten cretos os sectores máis dinámicos.

A verdadeira medida de Banesco verase cando conceda préstamos en Galicia

Xaora que non é unha boa nova que o novo xestor de NCG Banco sexa Banesco, que é un fondo privado venezolano. Pero comparándoa coas outras posibles opcións, os bancos Santander e BBVA, por exemplo, que supoñerían a eliminación da marca, do tráfico mercantil e financiero e a amortización de oficiñas e postos de traballo onde se produciran duplicidades pola súa presencia actual, ou a de La Caixa, e que fosen os cataláns os que decidiran que proxectos empresarias se deberían apoiar e cales non, a que empresarios se apoian e a quenes se lles deneguen os cartos, e qué teñan o corenta por cento da cota de mercado galego, seméllame moi forte e, afortunadamente, non vai ser así.

Por iso a tarefa que lle resta ao Goberno de Galicia é a de convencer aos novos xestores de NCG de que se impliquen no desenrolo do país, que faciliten cretos os sectores máis dinámicos da sociedade e que apoien os empresarios emprendedores e os seus proxectos, de xeito que xeneren riqueza e benestar os cidadáns galegos. Coido que debe alcanzar tamén o resto da sociedade civil, que non se sinte representada polo Goberno actual, polo que debe englobar a toda as forzas políticas e sociais que queren que esta a Nosa Terra non esmoreza.

A verdadeira medida de Banesco verase cando conceda préstamos en Galicia
Comentarios