Transición enerxética, descarbonización: ¿2030, onde vamos?

La economía de la descarbonización. / natzone.org
A economía da descarbonización. / natzone.org

O informe da chamada Comisión de Expertos de Transición Energética revela que as emisións das problemáticas partículas (PM10 e PM2,5)  apenas baixarán no ano 2030 ou mesmo no 2050 con relación a actualidade aínda tendo en conta os distintos escenarios que formula.

Transición enerxética, descarbonización: ¿2030, onde vamos?

O Consello  de Ministros o 7 de xullo de 2017 acordou crear unha comisión de expertos  co fin de elaborar un Informe sobre diferentes escenarios de transición enerxética, garantindo a competitividade da economía, a creación de emprego e a sostenibilidade medioambiental. Informe que debía recoller alternativas que analizaran a combinación das diferentes fontes de enerxía e propostas para  a descarbonización. Creada a comisión  e despois de 27 reunións, en marzo do 2018 aproban o Informe Final (543 páxinas), titulado “Comisión de Expertos de Transición Energética. Análises y Propuestas para la Descarbonización”.  Once dos catorce expertos reunidos votaron a favor do documento e tres abstivéronse.

Con relación aos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), a Comisión realizou diversas simulacións no “mix enerxético” e descobren que as emisións  seguiran sendo moi importantes en calquera delas e observan que o prezo da tonelada de dióxido de carbono (entre 7,5-50 euros/t no comercio de CO2), non supón grandes cambios nas emisións de CO2 no futuro nin a curto/medio/longo prazo.

Así mesmo o estudo revela que as emisións das problemáticas partículas (PM10 e PM2,5)  apenas baixarán no ano 2030 ou mesmo no 2050 con relación a actualidade aínda tendo en conta os distintos escenarios que formula. A Comisión parece non preocuparlle o medio ambiente e en particular a incidencia e impacto das partículas e micropartículas sobre a saúde da poboación (sistema respiratorio, cardiovascular, neurolóxico...), e os ecosistemas. 

No Informe constatanse evidencias recoñecidas: ao estudar cambios no “mix enerxético”  declaran : “que o eficiente sería apostar polas renovables eléctricas que cos niveis de prezos actuais xa son competitivas”, e consideran que terá un gran protagonismo a produción eléctrica con térmicas de ciclos combinados a gas. Manifestan tamén a importancia que no “mix” terá a enerxía solar fotovoltaica e eólica .

Pero máis que o meu análise interesa coñecer  e valorar o voto particular e algúns dos argumentos  reflectidos ao final do Informe, que na gran maioría comparto, por Josep Salas i Prat   un dos catorce expertos da Comisión e un dos tres que se abstivo  na votación do Documento final,  afirma :

1.  Os resultados dos escenarios 2030 poden cualificarse de insuficientes, con relación a:

1) Redución de emisións de dióxido de carbono.

2) A participación de enerxías renovables na enerxía final e

3) A eficiencia sobre a enerxía primaria.

No 2030  estaremos lonxe de cumprir o obxectivo da UE de redución  dos GEI como mínimo do 40% de emisións sobre o año 1990.  Si como afirman se cumpre o obxectivo vinculante sobre o ano 2005, non se pode atribuír a unha política orientada a eficiencia e redución de emisións no sector enerxético senón que se debe a redución da actividade por crise económica.

Con relación a participación de enerxías renovables na enerxía final debe considerarse un resultado non satisfactorio e manifestamente insuficiente. O escenario final implica  25,4% de participación das enerxías renovables sobre a enerxía final e non chega ao mínimo do 27%  que pretende a UE. Solo se podería lograr en algúns casos sectoriais- aumento de eficiencia  enerxética por illamento en edificios-.

O obxectivo de eficiencia sobre enerxía primaria tamén o considera non satisfactorio  . O informe da  unha mellora de eficiencia do 39,4%, no período 2015-2030, pero si se ten en conta  o efecto  crise  o resultado en eficiencia logrado redúcese ao  20,7%   para o mesmo período, lonxe do obxectivo mínimo do 27% que pretende a UE . A eficiencia enerxética  ten unha importancia central para a consecución dos obxectivos de descarbonización.

2. “Mix eléctrico” resultante. Fai fincapé nos seguintes aspectos:

1. Sobredimension do papel do gas en xeración de electricidade.

2. Un modelo centralizado de xeración, participación e xestión do sector en poucos         axentes e falta de competencia no sector enerxético español.

3. Situación case-monopolista de grandes grupos industriais que integran as  diversas actividades    reguladas e liberalizadas.

4. Recomenda eliminar o cargo transitorio ao autoconsumo

Como se citou anteriormente considera  insuficiente a penetración de enerxías renovables na demanda final  e critíca unha introdución masiva de gas para a produción de electricidade no 2030 .  Considera que non so deben ser os consumidores senón tamén os xeradores de electricidade os que contribuían aos custos das redes. Os consumidores asumen o 78,8% dos peaxes e custos do sistema, mentres que os xeradores, que tamén son usuarios das redes e servizos do sistema, so o 0,72%.

O pequeno consumidor sempre queda nunha posición débil,   continúa sendo o que sufraga maioritariamente os custos do sistema, a baixa tensión asume o 75,2% dos custos a pesar de representar so o 46,6% do consumo (2016) debido, en parte, ao que na práctica se converteu en axudas ao gran consumidor a partir de mecanismos como o “servizo de interrumpibilidade”.

Con relación ao autoconsumo, modalidade de xeración sin emisións de CO2, onde parte da enerxía xerada  consúmese na rede interna do consumidor, non impide que continúe pagando entre o 67,5% dos peaxes e cargos do sistema (situación teórica cando o 100% da enerxía se autoconsume) e o 87% (si o autoconsumo é do 40%, dato habitual no sector residencial, por exemplo).

Por último argumenta que debe existir unha política orientada a informar sobre o dióxido de carbono contido nos diferentes produtos e servizos para que o consumidor poda tomar decisións de compra conscientes e xerar, desde a demanda, un cambio no modelo produtivo. Neste sentido,  considera necesaria una taxa ao CO2 intensiva, universal, progresiva  e neutra fiscalmente. Esta taxa debería tamén aplicarse a aqueles produtos importados desde zonas onde non internaliza o impacto das emisións de carbono e outros contaminantes.

O Informe  terá que presentarse próximamente no Congreso, pero considerando que dos catorce expertos da Comisión, catro eran do Goberno,  sete  dos grupos políticos  e tres dos axentes sociais, ¿ignorarán o voto particular de Josep Salas i Prat?. Sen dúbida  debería ser para ter en conta e “facer pensar” e para reconducir e cambiar a situación si de verdade se pretende a descarbonización e unha transición enerxética cara ela.  ¿Onde vamos así? @mundiario

Comentarios