O PSOE leva ao Parlamento o fracaso das viaxes a China da Autoridade Portuaria da Coruña

Puerto de A Coruña / Mundiario
Puerto de A Coruña / Mundiario

José Luis Méndez Romeu advirte de que as 6 viaxes e a sinatura dun convenio de 270 millóns coa empresa Beijing 3E polo propio Rajoy “quedaron en nada”.

O PSOE leva ao Parlamento o fracaso das viaxes a China da Autoridade Portuaria da Coruña

José Luis Méndez Romeu advirte de que as 6 viaxes e a sinatura dun convenio de 270 millóns coa empresa Beijing 3E polo propio Rajoy “quedaron en nada”.

 

O deputado coruñés José Luis Méndez Romeu presentou no Parlamento unha serie de iniciativas parlamentarias sobre o nulo resultado das 6 viaxes oficiais da Autoridade Portuaria de A Coruña a China. Lembra que logo destas visitas, e da sinatura dun convenio polo propio presidente do Goberno, Mariano Rajoy, coa empresa Beijing 3E, que suporía un investimento de 270 millóns de euros, o resultado é “nada”.

Nun comunicado remitido a MUNDIARIIO, Méndez Romeu lembra o silencio que reina nas instancias oficiais de Moncloa e de San Caetano logo de que a compañía chinesa anunciara o desestimento da operación, “como ten acontecido co investimento de 70 millóns que no mesmo peirao debera realizar Pemex, neste caso con anuncio do presidente Feijóo”.

Méndez Romeu advirte que as memorias publicadas pola Autoridade Portuaria revelan que as viaxes a China do seu presidente, nomeado polo presidente da Xunta, obtiveron unhas cifras “irrelevantes no tráfico portuario coruñés”. De feito, engade, “non se teñen fidelizado novos tráficos, nin establecido liñas directas ou indirectas, nin se teñen exportado mercadorías neses buques”.

Mentres o contexto internacional rexistra un crecemento exponencial do tráfico marítimo a China, no porto coruñés “campa a inanidade”, cuns datos negativos aos que “cumpre engadir o retroceso do volume de mercadorías, nunha tendencia contraria á rexistrada no conxunto dos Portos do Estado”.

A primeira industria da Coruña, continúa, “está retrocedendo en cifras absolutas, diverxendo na evolución sectorial con España, perdendo oportunidades de negocio cando agroman en tódolos grandes portos”. Así, conclúe, “a Autoridade Portuaria non parece existir, o goberno local cala, a Xunta garda silencio, A Coruña declina cada día un pouco mais”.

Comentarios