Iuvenor exporta cosmética de Galicia a Portugal, Bélxica, México, Francia e India

Cada produto e cada liña son exclusivos, é dicer: non fabrican unha liña branca para vender a diferentes clientes; elaboran moitas liñas diferenciadas, sempre exclusivas do dono de cada marca.
Iuvenor exporta cosmética de Galicia a Portugal, Bélxica, México, Francia e India

Andrea Vázquez, farmacéutica.

Andrea Vázquez Pérez (O Carballiño - Ourense, 23-08-1981), licenciose en Farmacia (1999-2004) na Facultade de Santiago. Ao terminar a carreira, realizou unha estancia en Padova (Italia) cunha bolsa Erasmus, durante o período de prácticas obrigatorias, que levou a cabo no Hospital Xeral, no departamento de Farmacia hospitalaria. Hoxe lidera Iuvenor, firma que exporta cosmética de Galicia a Portugal, Bélxica, México, Francia e India.

Á volta da súa estancia en Italia, e xa tendo claro que lle interesaba o mundo da cosmética, matriculouse no Ciclo Superior Cosmética e Dermofarmacia (CESIF - Centro de Estudos Superiores da Industria Farmacéutica) en Madrid, no ano 2005. Ao mesmo tempo que realizaba o curso, estivo como bolseira facendo prácticas nunha empresa de cosmética capilar –Revió-, tamén en Madrid, experiencia que lle valeu moito para coñecer desde o punto de vista práctico o modo de traballo nunha empresa deste tipo.

Finalizado o master expúñase a opción do traslado a Madrid ou a Barcelona (lugar onde se atopan a maior parte das empresas cosméticas), pero xurdiulle a oportunidade de involucrarse nun proxecto incipiente, o da creación dunha empresa de cosmética en Galicia.

A idea pareceulle moi interesante, xa que estaría no proxecto desde o seu inicio, como asesora técnica para todo o proceso de desenvolvemento e construción da nave, e logo para elaborar todo o procedemento de traballo, calidade e memoria técnica, necesarias para obter finalmente a licenza de fabricante cosméticos outorgada pola Axencia Española do Medicamento.

Durante este longo proceso de case dous anos, desde que o proxecto se iniciou ata que por fin víuse xa traballando no laboratorio fisicamente, apoveitou para completar a súa formación realizando un segundo ciclo do curso que realizara en Madrid, e obtendo así o Master en Cosmética e Dermofarmacia (CESIF).

Finalmente, logo deste longo proceso, concedéronlle a licenza de fabricante e a Axencia Española do Medicamento certificouna como Directora Técnica de Iuvenor lab. Desde entón leva estes case catro anos a dirección técnica da empresa, o seu papel encárgase de coordinar os departamentos de:

- Desenvolvemento de produtos novos: Elaboran novas fórmulas cosméticas para ofrecer aos seus clientes. Isto obrígalless a estar ao día en todas as novidades que van xurdindo en ingredientes, texturas, aromas, etc.

- Control de calidade: Levan a cabo un control de calidade rigoroso de todos os procesos que teñen na fábrica. Mantendo a absoluta trazabilidade de todo o que elaboran.

- Produción: Control e supervisión de todo o que se fabrica diariamente no seu laboratorio e dar o OK para a liberación de cada lote.

- Xestión documental: Esta función consiste en levar a cabo todos os trámites que se requiren a nivel legal para a posta no mercado dun produto cosmético. É un servizo que ofrecen tamén aos seus clientes.

Fabricante de cosmética para clientes exclusivos. Ten cinco anos de vida.

Que fan en Iuvenor:

> Dedicanse a fabricación a terceiros con proxecto integral de liñas cosméticas: entrégase o produto chave en man, con todo incluído (produto, envases, deseño e trámites legais realizados en Sanidade, etc.)- Están especializados en fórmulas naturais e con utilización de ingredientes específicos de cada zona: auga de mar, augas termais, lodos mariños, extractos de plantas característicos.- Colaboran con universidades en proxectos de investigación (I+D) para a obtención de materias primas cosméticas de orixe galega.- Elaboran cosméticos con certificados Ecocert, AIAB e Ecolabel.- Adaptanse a todo tipo de clientes, de pequeno e gran volume, pero sempre con produtos exclusivos.

>Clave estratéxica: Cada produto e cada liña son exclusivos, é dicer: non fabrican unha liña branca para vender a diferentes clientes; elaboran moitas liñas diferenciadas, sempre exclusivas do dono de cada marca.

>Liñas de Internacionalización: Actualmente están presentes en Portugal, Bélxica e México, e introducíndose tamén en Francia e India. E en vías de exploración noutros países; por exemplo Dubai.

>Facturación: No 2011 medraron un 40% en facturación e estiman un crecemento similar en facturación para cando pechen as contas de 2012.

>Traballadores: Cando abriron o laboratorio traballaban 4 persoas e actualmente xa son 12.

>Sede: O Carballiño (Ourense).

Iuvenor exporta cosmética de Galicia a Portugal, Bélxica, México, Francia e India
Comentarios