Buscar

MUNDIARIO

Galicia emite o 13% do dióxido de carbono de España

As térmicas de As Pontes e Meirama van por diante pero tamén agravan a situación Repsol na Coruña e Ence en Pontevedra. Aportando Galicia un 5% do PIB de España as súas emisións multiplican casi por tres esa porcentaxe.

Galicia emite o 13% do dióxido de carbono de España
Refinería de Repsol con A Coruña ao fondo. / Xurxo Lobato
Refinería de Repsol con A Coruña ao fondo. / Xurxo Lobato

Firma

Ramón Varela Díaz

Ramón Varela Díaz

El autor, RAMÓN VARELA DÍAZ, es colaborador de MUNDIARIO. Es catedrático de Biología y Geología, y doctor en Biología. Fue presidente de la asociación ecologista Adega. @mundiario

O Rexistro de Emisión Contaminantes (PRTR) fixo publico a finais do ano pasado os datos relativos as emisións rexistradas e verificadas no ano 2016 das grandes industrias  con contaminantes que exceden dun umbral marcado por Bruxelas.

Sorprende que Galicia ocupe un lugar destacado por contaminación, moi superior ao que lle correspondería polo número de complexos industriais, poboación, extensión xeográfica, PIB e nivel de vida... Apuntamos a continuación as emisións do principal gas de efecto invernadoiro (GEI) o Dióxido de Carbono:

> As emisións  de Galicia no PRTR son de 13.970.000 toneladas/ano (t/ano) en tan so 16 complexos industriais e representan exactamente o 12,95% do total do Estado.

> Un só complexo, a Central Térmica de As Pontes (carbón), emite  6.930.000 t/ano representando  a metade das emisións das grandes industrias do PRTR en Galicia e aproximadamente a cuarta parte de todos os gases de efecto invernadoiro  que se emiten  por todas as fontes  ( industria, transporte agricultura...).

> Entre a Central Térmica  de As Pontes e a Central Térmica de Meirama  ambas queimando hulla subituminosa importada e lignito negro emiten  9.130.000 t/ano e representan o 65,4% do total galego recollido no Rexistro PRTR por todos os complexos.

> Os restantes 14 complexos que conteñen información para GEI, en conxunto apenas representan a terceira parte do total. Destacan neste grupo a refinería de petróleo de Repsol na Coruña e a fábrica de celulosa de Ence de Pontevedra que emiten cada un máis dun millón de t/ano.

Mentres as centrais de ciclo combinado de  gas que ten Galicia (CC As Pontes e CC Sabón ) son incomparablemente  moito menos contaminantes – emiten 50% menos de GEI–, son menos consumidoras de auga e teñen moita maior eficiencia, pero sorprende que permanezcan ano tras ano en “hibernación”, funcionando só  algúns dias ao ano (Sabón menos de 30 dias/ano), e ao tempo  reciben  cuantiosos fondos públicos do Goberno por estar dispoñibles por si fixeran falta (reciben 175 millóns no ano 2015 en todo o Estado  e outro tanto en anos posteriores).

Recentemente en Europa debateuse a data para pechar térmicas de carbón, e mentres algúns paises propoñian o ano 2020, definitivamente fixaron o 2025 como data tope de “descarbonización”. Aquí pola contra Endesa e Gas Natural Fenosa pretenden ir máis alá, reciben cuantiosas axudas directas e indirectas do Goberno para que sigan activas no futuro   -“axudas a medidas anticontaminación” para desnitrificación, desulfuración... “axudas para o carbón nacional”...- en realidade son subvencións a fondo perdido que pagamos no recibo da luz e algunhas destas subvencións están neste momento cuestionadas en Bruxelas por consideralas “Ilegais” como sucede cos 8.750 euros por Mwh/ano  asignados no 2007 durante 10 anos para térmicas de carbón.

Outras empresas eléctricas como Iberdrola, mais sensibles ao tema van por outro camiño xa que pretenden pechar as centrais de carbón de Lada en Asturias e Velilla en Palencia e mesmo pechou no mundo un total de  7500 Mw de xeración con carbón .

Galicia gracias as Centrais Térmicas de carbón en As Pontes e Meirama está  a cabeza do Estado por emisións a atmosfera de GEI sobretodo  por Dióxido de Carbono, pero ademais está a cabeza por emisión doutros problemáticos contaminantes como dióxido de xofre, partículas, mercurio...algúns responsables de choiva ácida, destrución da capa de ozono  e séria problemática na saúde : ictus, enfermidades cardicovasculares, cancro de pulmón, bronquite, asma...

Agora que se celebra a hora do Planeta,  e considerando que somos unha potencia en produción eléctrica  e que exportamos mais da terceira parte da electricidade que xeramos ¿Cando será a hora de apagar definitivamente a xeración con carbón? @mundiario