Este martes debátese na Fundación Araguaney o papel dos media na democracia e na crise

Cartel anunciador da Tribuna de Debate "O papel dos media na democracia e na crise".
Neste cuarto debate da Fundación Araguaney de Santiago de Compostela contarán como poñentes con José Luis Gómez (xornalista, editor de MUNDIARIO), Ramón Lobo (xornalista) e Carlos Caneiro (escritor).
Este martes debátese na Fundación Araguaney o papel dos media na democracia e na crise

Este martes, a Fundación Araguaney-Puente de Culturas presenta a Cuarta Tribuna de Debate.

A tribuna titulada “O papel dos media na democracia e na crise”, guiada polo seu espírito de traballo en beneficio da sociedade, abre un foro de debate para que a xente poida acudir, escoitar e aportar ideas co obxectivo de contribuír á rexeneración democrática e a unha maior responsabilidad civil.

Neste cuarto debate contarán como poñentes con José Luis Gómez (xornalista, editor de MUNDIARIO), Ramón Lobo (xornalista) e Carlos Caneiro (escritor).

O debate será moderado por Jesús A. Núñez Villaverde, director do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria.

A entrada é de balde ata encher aforo. Desde a organización prégase confirmar asistencia no teléfono 981 559 612 ou no e-mail [email protected].

Comentarios