Debido a crise e ao paro, a xente perde a casa e nalgúns casos tamén os fillos

En España, a crise pode con todo.
En España, a crise pode con todo.
Demoledores datos da crise en España, un ano tras outro. As persoas que resultan máis afectadas por esta situación son as crianzas que, ao quedar os pais sen casa, recollen os servizos sociais.
Debido a crise e ao paro, a xente perde a casa e nalgúns casos tamén os fillos

As derradeiras cifras publicadas polo Instituto Nacional de Estadística (INE) indican que o 45% das persoas en España sen teito perdeu o seu fogar debido a que quedaron desempregadas. Este dato é alarmante, xa que o paro non fai máis que aumentar, polo que se supón que o número de desafiazamentos seguirá ascendendo ata que se supere o bache económico.

Este ano 2013 está sendo o peor da crise económica na que leva sumido o país 5 anos. Do total dos senteito que había a finais de 2012, o 32% xa se quedou na rúa este ano. As estatísticas deixan ver o alarmante avance do problema das persoas sen fogar. Xa son o 54.2 % as persoas que son atendidas en albergues e comedores sociais, frente o 51.8 % de sete anos atrás.

Entre os extranxeiros, a maioría de persoas sen fogar precede de África (56.6%), seguidas de europeos (22.3%) e americanos (15.2%). Avanza tamén a proporción de mulleres e de anciáns con respecto aos últimos 7 anos.

As persoas que resultan máis afectadas por esta situación son as crianzas que, ao quedar os pais sen casa, recollen os servizos sociais. Estes nenos están condeados a perder a identidade e vagar de un sitio a outro sen fogar familiar. A carencia de cariño non se pode suplir tan fácilmente como as institucións pensan.

Comentarios