CAVERNA: Espanha e Portugal, resgatados pola onda turística europea

Viñeta en clave de humor en Twitter / Twitter
Viñeta en clave de humor en Twitter / Twitter

Ai sol do Sul, ibérico. Este verán de fume e sangue no Oriente Meio o turismo aterra en Espanha e Portugal, resgatadas polos euros e outras divisas non europeas.

CAVERNA: Espanha e Portugal, resgatados pola onda turística europea

“(…) un antro subterráneo y hombres  que desde la infancia sólo pueden ver… un muro semejante al de los charlatanes (quienes) pasan llevando objetos de madera de toda clase… de suerte que aparecen sobre el muro… por un fuego cuyo resplandor los alumbra…”

(Platón)

Ai sol do Sul, ibérico. Este verán de fume e sangue no Oriente Meio o turismo aterra en Espanha e Portugal, resgatadas polos euros e outras divisas non europeas.

O engraçado é que , amais do concreto do Algarve, o Alentejo, Madeira, os Açores, Canarias, Andalucía, Baleares, Valencia, Catalunya, lemos a toda páxina que os europeus están a descobrir Lisboa, cando sabido é que “quen não ve Lisboa, não ve coisa boa”.

Na Península, a parte de Barcelona, a capital lusa pode se gabar de cidade senlheira, irrepetível, onde o novo e impersonal non deturpa o antigo anque xa non senhorial, nen falta que fai.

Tambén non sorprende que o turismo espanhol a Portugal non atinxa as cifras de británicos e alemáns, sempre eles.

Xeralizar non parece aconselhável, mas somos testemunhas, en todos os pontos cardinais do noso país irmao -irmao da Galiza-, da louça de prepotentes con “marca Espanha”, que falan catelhano, castelhano e só castelhano e se alporizan se non os entenden. Mais dun-ha vez pensamos que se fósemos portugueses, os escorrentaríamos a couces  até as fronteiras de Zamora ou Salamanca. 

Obsérvese que neste valeiro da “crise” han ser portugueses os que han dicir algo así como “ mais se perdeu en Espanha”. 

Os dous imperios coloniais do pasado, que afondaron en pouco mais dun século, non rematan de se achegar á Euroiberia, mergulhados na vicinhança da Afroiberia.

Até que o povo sexa quen mais ordena?

Comentarios