¿Caixas galegas, Pescanova, Grupo Lácteo...? O problema de Galicia é outro

El Eurogrupo pone punto y final y, con éxito, al programa de recapitalización de la banca española.
Pero se falla o 'americano bueno' ou o noso Amancio, todos tranquilos...

Donde están os indignados que tanto ruido fixeron noutras horas? Pensan facer a revolución insultándose entre eles por internet? Son algunhas das preguntas deste colaborador de MUNDIARIO.

¿Caixas galegas, Pescanova, Grupo Lácteo...? O problema de Galicia é outro

Teño 61 anos, boa saude, ando ben de amores, teño unha familia maravillosa e vivo sen problemas económicos. Son o que se pode decir, un “urogallo” (que nós chamamos pita do monte), un paxaro que está en perigo de extinción.

Pero non son totalmente feliz, ainda que pouco me falta: só  quero que  cando marchen os cataláns me deixen ir con eles, non por que sean perfectos pero polo menos empréganse na pelexa. O de Galicia pode que non teña arranxo e que tamén o meu país seña outro “urogallo” en risco de extinción e que vai polo camiño do suicidio colectivo.

Teño a absoluta certeza de que se poden facer moitas cousas nesta nosa terra porque non é tan miserable como aparenta:

  •  Hai bastante xenté normal que di e fai cousas normais.
  • Temos empresas que abren todos os días, respetan os traballadores, pagan impostos e gañan diñeiro.
  • Temos bastantes funcionarios que traballan.
  • Temos unha literatura e uns artistas que da gusto.
  • Temos sectores productuvos punteiros a nivel mundial coma o lácteo.
  • Temos..., temos, pero fáltanos algo fundamental que é a conciencia e o orgullo de sermos un país e de apostar por unha clase política con capacidade para garantir un mínimo de dignidade colectiva.

Este sí que é o problema: non hai conciencia colectiva de país. Os actuáis gobernantes actúan como unha sucursal barata do españolismo trasnoitado do PP, e agardamos impacentes para que o PSOE se amañe e recupere o protagonismo político perdido, porque ao galeguismo e o nacionalismo, hoxe en día, non o queremos contemplar como alternativa.

Se esta é a realidade, se realmente non queremos vertebrar o país,  ¿para que queremos unha caixa galega ou grupos lácteos, pesqueiros, etcétera?

Tinglados caducados

Xa temos Zara-Inditex, Citroen, Banco de Santander, Mercadona, Lactalis, ¿ou acaso queremos seguir facendo Marinedas-Cytis, mais aerportos, cidades da cultura ou apostar por tinglados empresariais xa caducados?

O das caixas non ten arranxo; hai tempo que morreron, os seus dirixentes foron uns incompetentes e uns ladróns, e a clase política que estivo con eles no escenario actuaron como cómplices e con absoluta neglixencia. O de Pescanova ven ser mais do mesmo: durou mentres tiña cobertura dos incompetentes anteriores;  e dos diferentes intentos  para crear  un grupo lácteo galego, qué se pode decir?, pois igual, foron diferentes  pandas de directivos mediocres e incompetentes pero sen a cobertura política e financeira suficiente.

Ben mirado esto mesmo pode ser unha limpeza. Canto antes remate este  pesadelo das caixas, antes teremos que comezar a facer cousas normais:

  • Crear empresas con novas ideas
  • Deixar de chorar  e poñerse a traballar.
  • E se necesitamos un banco pois facémolo.

Pero tamén temos que  cambiar a clase política  se queremos e creemos no país; do contrario, deixemos de dar  pena e  cada  pau que aguante da súa vela porque bancos non van faltar, quén  nos compre o peixe e o leite tampouco, sempre que sexamos competitivos, ¿ou acaso un banco galego e as  industrias galegas garantizan que vaian ben proxectos inviables ou que nos compren os productos ainda que  non sexamos competitivos?

Mellor non...

O dito, meus amigos, para ter unha Caixa Galega nas máns destes dirixentes mediocres e de políticos incompetentes, mellor  non. Os que  lles deixaron barra libre, agora deberían ser os responsables de pagarlle aos preferentistas e  despois deberían, con toda xustiza, metelos no trullo acompañando a todos os directivos de semellantes inventos.

Síntoo moito polos traballadores da banca, pero que pechen canto antes. Xa fixeron moito mal, levan demasiado tempo ocupando espacio e engañando á xente con poucos recursos. Estes só serviron para tempos nos que ata os mais  burros facian reloxios pero  tan pronto lles veu a primeira aireada caeron, e de que maneira.

Insisto, adiante coa limpeza e se  renunciamos definitivamente a ter un país decente, pois tranquilos, xa todo esta feito; bancos hai e empresas tamen e  por min non vos preocupedes que se os cataláns non me  queren, adaptareime á situación, levo moito tempo facéndoo e aquí me tedes, ainda que  xa non vou ser  mais cómplice de máis inútiles e seguirei traballando na miña empresa e apoiando o nacemento doutra clase política que entenda á xenté normal e que diga e faga cousas normais. O “urogallo” pode que desapareza; eu tamén ei morrer pero a miña especie, estou convencido que está indo a máis.

Un amigo americano

Non quero entrar  en competencia desleal cos periodistas nin cos expertos sabelotodo dos programas das TV. Estas reflexións xurdíronme porque estiven nunhas conferencias para falar do futuro da caixa, onde parece que a mellor solución é que veña un amigo americano (fondos de inversión), para que a poña andar e despois nola devolva. Tamén se me ocurre a min o de  falar con Amancio Ortega para que en todas as tendas do seu grupo acondicione un cachiño para prestar servizos bancarios e financeiros, co cal xa temos a cobertura necesaria  a nivel mundial, unha vez que peche o tingladillo de Novagalicia banco, ou como se chame.

Pero se falla o “americano bueno” ou o noso Amancio, todos  tranquilos, quén nos colla os cartos non vai faltar, outra cousa distinta será o que van a facer con eles, ainda que o ten moi complicado para facelo peor que os actuais.

Por último fágome estas preguntas: Donde están os indignados que tanto ruido fixeron noutras horas? Pensan facer a revolución insultándose entre eles por internet? Cómo se pode permitir que nos roubaran mais de 70.000 millons de euros e non haxa ninguén na cadea? O desprestixio da política é tan grave que  xa só nos quedan os xuices? A que agarda a xenta “normal” para cambiar o seu voto e participar activamente na política? Ou prefiren unha dictadura dos mesmos que nos están atracando ou  é que estan pensando pasarse as armas para defenderse?

"Falar por falar"
Como nun programa que hai na radio titulado “Falar por falar”, se alguén ten a resposta que me axude.
Eu case son feliz pero teño sombras: o mundo que lles agarda aos meus fillos vai ser peor que o meu. Só me queda unha esperanza blanca representada por un negro americano ¡quén o diría!
Os rusos metidos na mafia e a esquerda europea tirándolles pedras os avión e nós mirando para outro lado como se non pasara nada
Bueno, esto é  o  que hai, sigamos tocando a pendeireta o mais  forte que se poida a ver se o persoal da sinais de despertar.
Que haxa sorte, que falta nos fai.
Cousas do Che de Cabanas.

 

Comentarios