A situación económica fai peligrar a permanencia do Lugo en Segunda División

O C.D. Lugo ten moito apoio da afición local.
O C.D. Lugo ten moito apoio da afición local.
O pequeno club de fútbol lucense debe enfrontarse a obliga de recaudar aproximadamente uns tres millóns de euros se non quere ser forzado a regresar a Segunda B. Neso andan, cos seus problemas.
A situación económica fai peligrar a permanencia do Lugo en Segunda División

Alarmante situación do C.D. Lugo: a complicada situación económica fai peligrar a súa permanencia en Segunda División.

O pequeno club de fútbol lucense debe enfrontarse a obliga de recaudar aproximadamente 3 millóns de euros se non quere ser forzado a regresar a 2ª B. O equipo, que ascendeu o pasado ano, defendeuse sen problemas na 2ª División , a pesar de non ser un equipo con demasiados recursos pero con moito apoio da afición local que o vía por primeira vez como un equipo competente polo que parece inxusta esta situación.

O equipo tomou a iniciativa de sacar a venda participacións, por un módico precio de dez euros cada unha, pero non está tendo acollida suficiente. Isto obliga ao equipo ou ben a ser vendido ou voltar de novo a 2ªB, da que con tanto esforzó saíu. Outros equipos na Liga española foron vendidos, co que solucionaron o problema económico. Porén perderon a sua identidade como equipo local e substituíron aos xogadores locais por outros de fóra.

Na Galiza anímaselle aos xóvenes a practicar deportes e as aficións fanse eco dos logros dos equipos locais. Pese a isto, estes non son apoiados suficientemente no ámbito ecónomico, o que fai que o esforzo quede relegado a un segundo plano. Aínda quedan esperanzas para o C.D. Lugo, pero iso polo momento parece inalcanzábel.

Comentarios