Os comentarios de Fernando Vázquez en Arzúa hai que contextualizalos

Fernando Vázquez.
Fernando Vázquez.

O consello do Deportivo apenas comezou fichar e a un adestrador non se lle pode pedir a lei da “omerta” que se lle adoita pedir a un director de sucursal ou de departamento.

Os comentarios de Fernando Vázquez en Arzúa hai que contextualizalos

O consello do Deportivo apenas comezou fichar e a un adestrador non se lle pode pedir a lei da “omerta” que se lle adoita pedir a un director de sucursal ou de departamento.

Tino Fernández é un imaxinativo e brilante emprendedor galego que foi quen de converter Altia nunha das primeiras tecnolóxicas españolas, pulando pola innovación e desenvolvemento dun dos sectores de máis futuro da economía galega. Fixo unha campaña electoral exemplar, vencellada ás ideas de cambio e reconexión coas sociedades coruñesa e galega e rematou con suceso unha negociación financeira encetada por A.C. Lendoiro. Unha negociación que nunca tería sido viábel sen o ascenso do Dépor feito posíbel polo adestrador Fernando Vázquez.

Fernando Vázquez apostou polo clube coruñés nos seus días infaustos da Segunda e aquelou a súa retribución á tristeira realidade daquelas semanas. A súa implicación e a súa intelixencia emocional fíxolle contar coa aprobación xeral da afección, nomeadamente das súas  peñas. Só eran fríos ou críticos con él agás algúns pequenos circuitos en clara decadencia cidadá, malia que puideran ser influíntes hai algúns anos.

Era evidente a falla de química entre os dous. Mais o deportivismo apenas lles pedía que cohabitasen, non cumpría que fosen amigos. Estaban chamados a desenvolver roles ben diferentes e complementarios nesta primeira etapa do novo Dépor.

Mais Tino Fernández non soubo estar á altura dun presidente de Primeira. Porque un clube coma o Dépor, que é, en grande parte, sentimento e experiencia comunitaria, non se pode gobernar coma se fose a empresa dun. Os comentarios de Fernando Vázquez en Arzúa hai que contextualizalos: este consello apenas comezou fichar e a un adestrador non se lle pode pedir a lei da “omerta” que se lle adoita pedir a un director de sucursal ou de departamento. Para máis, a estratexia de comunicación non foi acaída: o presidente non deu transmitido a xeito as razóns para cesar Fernando Vázquez, para fichar Victor Fernàndez nin moito menos para prescindir do millón de euros precisos para liquidarlle o finiquito  neste contexto de economía de guerra imposto por cadanseus convenios reitores da devolución das débedas concursal, fiscal e bancaria.

Para consolo do deportivismo e avantaxe para o actual consello, Fernando Vázquez é un profesional que sinte as cores da nosa equipa e non quere furgar na ferida. Doutro xeito podería facer ben dano.

Tino Fernández haberá depender a lección para o futuro. O Dépor non é unha empresa privada, senón un proxecto deportivo, si, mais tamén cívico e idenctitario. Como é un home intelixente estou certo que deprenderá este ensinanza.

Comentarios