O Celta chega en mellor momento que o Deportivo ao noso derby

Víctor Fernández. / Mundiario
Víctor Fernández.

O adestrador Víctor Fernández, que volverá a Balaídos, podería introducir varios trocos no seu once inicial. No Celta, todo son boas noticias para Berizzo.

O Celta chega en mellor momento que o Deportivo ao noso derby

O adestrador Víctor Fernández, que volverá a Balaídos, podería introducir varios trocos no seu once inicial. No Celta, todo son boas noticias para Berizzo.

Aínda non rematou a 4ª xornada de liga e mañá martes xa temos o primeiro pase da gran festa do fútbol galego. Un derbi, en Balaídos, e que chega nun gran momento para o Celta.

No adestramento desta mañá comprobamos que todo son boas noticias para Berizzo, contan na TVG. A mellor sen dúbida é que Augusto xa ten a alta médica. Non entraron na lista de convocados David Costas, Madinda e Santi Mina. Berizzo, que se desenvolveu como un futbolista máis, sabe o tipo de partido que van encarar mañá. Ante o Deportivo, hai máis ca tres puntos en xogo.

En fronte un Deportivo que tenta pasar páxina tras a desfeita sufrida en Riazor ante o Real Madrid. Víctor Fernández, que volverá a Balaídos, podería introducir varios trocos no seu once inicial. O equipo adestrarase esta tarde. O prioritario agora é esquecer o que pasou ante o Real Madrid, para centrarse nun partido clave. Para o equipo e para os afeccionados.

Comentarios