Admiración polas mulleres que son capaces de conciliar traballo, familia e deporte

Unha corredora.
Unha corredora.

"Discriminada como corredora non, pero para apuntarme as clase btt do Concello de Dumbría... sí, en pleno século XXI", confesa esta primeira entrevistada dunha nova serie sobre mulleres.

Admiración polas mulleres que son capaces de conciliar traballo, familia e deporte

"Discriminada como corredora non, pero para apuntarme as clase btt do Concello de Dumbría... sí, en pleno século XXI", confesa esta primeira entrevistada dunha nova serie sobre mulleres.

Inauguramos unha sección informal centrada en mulleres corredoras da man de Rosa Vaamonde, unha nacha que ademáis de amar a montaña ten unha capacidade narrativa que vai mais alá do simple. Sacade a alfombra vermella, que temos convidadas. Tal como prometera hai ben tempo, inauguramos, pois, unha sección informal centrada en corredoras, e que mellor que deixar paso as súas opinións sobre a galaxia runner. Propoñemos un cuestionario base -cuestionario Tasende ímoslle chamar- e deixamos que fagan con el o que lles pete, mesmo patealo, que para iso somos runners. Hoxe, en vivo e en directo, as respostas dun delfín solitario. Trátase dun ser esquivo para segundo que cousas e de natural tan humilde que non quixo facer unha presentasión e claro, deixoume a min o traballiño. Cajonojlorio. Pois que saibades que é unha auténtica todoterreo e unha teimuda de primeira categoría desas que se propoñen un reto de 100 km e acaban facendo 150 (verídico); desas que son capaces de botarlle un 10 de asfalto pola mañá e unha media de monte nocturna o mesmo día e aínda quedan con jañas de máis; desas ás que o mundo lles queda pequeno cando montan na BTT; desas que esquecen recoller o trofeo porque van apuradas a facer outra máis jrande. Jrande coma ela. Escoitade:

- Hai moito tempo que corres? Como foron os teus inicios no mundo do running? 

- Correr correr un par de anos, tal vez tres. Pero sempre fixen deportes varios, taekwondo, aerobic, ... Foron a partir dunha lesión na espalda. Non me solucionaban nada, e segun ía podendo ía aumentando kilómetros moi despacio.

- Que foi o que máis te axudou/motivou para empezar a correr ou para seguir facéndoo?

- A desconexion do mundo real. Cando disfruto correndo é cando a miña cabeciña é capaz de desconectar e ir no meu mundo, nos mundos de yupi... onde todo é moi sinxelo e as cousas se arranxan; un mundo de felicidade onde non existen os problemas... Polo que sin querer, e sin saber o motivo empezas a sorrir, e cando alguén coñecido te pregunta o motivo... mellor mantelo na ignorancia... Non o entenderia...  Ademais de ir conseguindo cousas, cando estas acostumbrada a que che digan que non vales, ou non podes, e que non teñan confianza en ti ... cambiar o chip da cabeciña e ter esa confianza é moi dificil... Unha tal autoestima ... ás veces brilla pola sua ausencia... E ainda que nalgun intre estivo ahi, escondiuse, e non quere voltar...

- Asfalto, trail, triatlón, raid… Que modalidade(s) practicas (ou practicaches)? Cal é a túa preferida? Hai alguna modalidade que non probaches e que che gustaría practicar? Nese caso, por que non?
- O ano pasado empecei no monte. E gústame a sensacion de liberdade e as paixases. Pero non sabería escoller entre unha e outra, porque no asfalto non me sento tan torpe como no monte.

 

- A porcentaxe de inscricións femininas en carreiras segue a ser baixa, tanto en comparación coas inscricións masculinas, como poñéndoa en relación co número de mulleres que practican o running habitualmente. Que cres que pode influír nisto?

- A vergonza e o que dirán. Eu son de Cee, un pobo no que son a toliña que leva toda a vida a correr, e a que solo pensa en correr. Unha ovella negra que non sigue as pautas...

- Consideras que as mulleres encontran máis dificultades cós homes para desenvolver unha práctica deportiva habitual e/ou para competir? 

- Si. Eu non suelo atopar xente ca que entrenar. Agora entreno un día á sema co club olimpia, por eso me apuntei para ter con quen entrenar... polo menos un dia a sema... A ver si este ano continua...  E fai uns anos cando en Dumbría (que non se sepa) se iniciaron unas clases de btt para aprender a técnica, chamei o concello e falei co técnico de deportes e díxome "que seria a unica tia", nin que a min me importara eso... E logo de dicirlle que o consultara e deixarlle o meu movil... ainda sigo esperando a súa chamada. Ainda que recado mandeille... e a súa contestación foi que fora un malentendido... Pero sin chamada incluso para subsanar o malentendido... 

- Nalgún momento sentícheste discriminada persoalmente como corredora polo feito de ser muller? 

-  Discriminada como corredora non, pero para apuntarme as clase btt do Concello de Dumbría... sí, en pleno século XXI.

- Consideras útil a práctica de certa discriminación positiva para fomentar o deporte entre as mulleres? Estás a favor da celebración de carreiras populares segregadas por sexo?

- Non estou a favor da segregación por sexos, somos corredores uns máis lentos que outros, pero solo nos diferencia a velocidade...

- Na bolsa da corredora da derradeira Carreira da Muller de Coruña regalaban dous números da revista Hola e outro dunha revista de moda. Que opinas ao respecto?

- Güenoooooooo, que me contas? Nunca fun a unha carreira de ese tipo, nin me desplazaría a Coruña a propósito a facelo... Pero non debían regalar revistas de correr? Eu non leo revistas tipo Hola, nin de moda... E que non se pode ser perfecta...

- Se estivese na túa man, hai alguna medida que tomarías para fomentar a participación popular na práctica deportiva en xeral? E a participación feminina en particular?

- Axudar no tema dos nenos... Pero realmente penso que esto sería casi imposible a nivel rural...

- Cal é a túa atleta máis admirada? E por que?

 - A miña admiración é polas mulleres que son capaces de conciliar traballo, vida familiar e deporte.

- Que momentos foron os máis especiales para ti como corredora?

- Chegar cando dudo de que sea posible para min...

Comentarios