Ante as medidas restrictivas, efectos da tiranía: o patriarcado

Retirada dunha homenaxe a un ideólogo.
Retirada del homenaje a un ideólogo.
Un individuo nace único, e o sistema educativo debería liberalo. / Relato
Ante as medidas restrictivas, efectos da tiranía: o patriarcado

Se ben o sistema educativo instrúenos nas ciencias, a familia plantéxase como remanso moral: cumpren as familias a lei moral?

Deus era o noso pai; o noso pai é todo até medrarmos: logo, cómpre un tirano severo que preserve a lei e a orde.

Cunha libre e correcta formación individual, o cidadán ábrese camiño no coñecemento e faise un lugar na sociedade.

Mais, milenariamente, a sobreprotección dos pais mutilou a mente do individuo: os pais tenderon a proxectar as súas frustracións e ambicións nos seus fillos, así como a condicionar o seu porvir mediante a herdanza do seu patrimonio.

Un individuo nace único, e o sistema educativo debería liberalo. O autocoñecemento precisa de espazo e soidade, mentres que o sistema patriarcal fai dos cidadáns un feixe de vástagos do tirano reticentes a todo cambio (mesmo impedidos a evolucionar por si mesmos).

Así, apretada a sociedade por patrimonios inamovíbeis, o organigrama laboral vai arrastrado pola inoperancia da evolución, xa que as mentalidades nunha cultura perden a selección, a real valoración e o poder de transformar a sociedade, de xeito que o patriarcado é a lacra de todas as políticas. @mundiario



  

Comentarios