Deserta a 36 edición, o Blanco Amor é un exemplo para todos os premios literarios

Eduardo Blanco Amor. / L. Valcárcel
Eduardo Blanco Amor.

O xuri do Premio Blanco Amor de novela longa decidiu, reunido en Ourense, declaralo deserto porque  ningunha das presentadas acada “excelencia literaria”. Un fallo certamente exemplar.

Deserta a 36 edición, o Blanco Amor é un exemplo para todos os premios literarios

Nesta civilización da competencia incompetente, best-sellers, aprentados para que cheguen a o ser, previo lanzamento nas redes “inmediáticas”, o xuri do Blanco Amor aplicou a cláusula que prevé colleitas desérticas, cláusula que havía ser obligatoria en todos os certames.

Por aparente paradoxa, Eduardo Blanco Amor – como Risco, que o animou a escrivir en galego – foron finalistas absolutos do Premio Nadal, tras textos moi inferiores  dos gañadores: Los miedos y La puerta de paja, demostraciós ambas as duas da literatura castellana en galego.

Vicente Risco e Eduardo Blanco Amor, Blanco Amor e Risco son asemade os autores dos romances sobranceiros das nosas letras, A esmorga e O porco de pé.

Nós sempre fomos así: Valle, sobretodo, Cela, Cunqueiro, Torrente…

Por iso alporízome cando leo que están a traducir ao galego a Valle Inclán.

Ou a traducir o portugués ao galego; si o galego ao portuguès por mor da asimilista normativa actual, que eu desboto en moi mínimos, non vaia ser que me censuren.

Remato. Xa me tardaba voltar a miña coluna en MUNDIARIO, meu diario.

De política non penso falar até despois das ”Elecciones Catalanas del 155 convocadas por el Gobierno de la Generalidad”. @mundiario

Deserta a 36 edición, o Blanco Amor é un exemplo para todos os premios literarios
Comentarios