Atticus Finch, o protagonista da adaptación da novela homónima de Harper Lee

Fotograma de Matar a un ruiseñor, con Gregory Peck y Brock Peters. / To Kill a Mockingbird
Fotograma de Matar a un ruiseñor, con Gregory Peck y Brock Peters. / To Kill a Mockingbird
Na época da Gran Depresión, nunha cidade do sur, Atticus Finch (Gregory Peck) é un avogado que defende a un negro acusado de violar a unha muller branca.
Atticus Finch, o protagonista da adaptación da novela homónima de Harper Lee

Sempre gustei do mellor cinema americano. E desde que vín Matar a un ruiseñor, hai xa ben de anos, To Kill a Mockingbird, a extraordinaria película de Robert Mulligan, baseada na famosa e premiada novela da escritora norteamericana Harper Lee, gañadora do Pulitzer, en 1961, desde aquela, sempre quixen ser Atticus Finch, o pai perfecto e magnífico "abogado dos negros" encarnado por Gregory Peck.

Envexaba a Scout e a Jem porque tiñan o mellor pai do mundo. Outros quererían ser probablemente Rick Blaine en Casablanca ou Rocky Balboa, pero eu sempre quixen ser Atticus Finch. E non resulta fácil.

Logo, cos anos, xa de mestre, descobrín que o cinema era un gran recurso didáctico na educación para a paz, á que dediquei por certo tanto tempo, mesmo teño un libro publicado: Cine para convivir, de 2001, e Matar un ruiseñor era unha película á que recorrín moitas veces, particularmente para traballar co alumnado o delicado asunto do racismo aínda que a película ten, como sabedes, moitos e máis valores.

E debo recoñecer que, ó principio, tiña moitas dúbidas, porque é un filme complexo,  en branco e negro, moi lonxano no tempo e no espazo, dos gustos e intereses de rapaces e rapazas de entre doce e catorce anos. Pero non. Gustaba, e gustaba moito. Mesmo facilitaba grandes debates e discusións, algunhas escenas particularmente.

Creo que os adultos, pais e nais, hoxe en día, tiñan que ver con máis frecuencia, cos seus fillos e fillas, Matar un ruiseñor, e meterse nos mocasíns dos protagonistas, no papel e situacións que viven, porque estou seguro de que daría pé para reflexionar sobre actitudes e comportamentos que hoxe seguen moi vixentes, non exactamente como na América sureña dos '60, pasaron moitos anos, pero sí en relación coas diferencias culturais, raciais, linguísticas, de xénero, que hoxe vive o alumnado nos colexios e institutos.

E porque sempre paga a pena parecerse algo, aínda que sexa un pouco, ó Atticus Finch dos meus soños. @mundiario

Comentarios