El Catón Compostelano, un fito na Galicia do seu tempo

Xosé López. / Pepe Macías
Xosé López García. / Pepe Macías
Grazas a esta cabeceira, Galicia empregou un soporte novo de comunicación, que xa coñecía polas publicacións periódicas estranxeiras que entraban a través do porto da Coruña.
El Catón Compostelano, un fito na Galicia do seu tempo

A través de El Catón Compostelano, Galicia decidiuse a empregar en 1800 un soporte novo de comunicación, que xa coñecía polas publicacións periódicas estranxeiras que entraban a través do porto da Coruña, tal e como demostrou o catedrático Xosé Ramón Barreiro, segundo constata o profesor de Xornalismo Xosé López.

O Consello da Cultura Galega quixo celebrar a aparición do xornalismo en Galicia coa reproducción facsimilar do seu primeiro fito: El Catón Compostelano, publicado na sobranceira imprenta compostelá da viúva de Frayz no primeiro de maio de 1800 por Valle-Ynclán. "Longa e fructífera é a historia do xornalismo en Galicia e aínda escaso o coñecemento que temos dela, a pesar das amplias contribucións de relevantes historiadores da prensa", observa o profesor Xosé López, coordinador da Ponencia de Comunicación, no prólogo da obra.

Coa reproducción facsimilar de El Catón Compostelano, o Consello da Cultura Galega contribue a facilitar ós investigadores e ó público en xeral o acceso e a consulta desta publicación, da que ata o momento só era coñecida unha colección incompleta na Biblioteca Nacional en Madrid e da que se localizou outra máis amplia, de 21 números en Ourense, propiedade da familia Amor-Vázquez. Gracias á colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, o primeiro ensaio do xornalismo do país pasou a ser patrimonio de tódolos galegos.

Cabecera de El Catón Compostelano. / Mundiario

Cabeceira de El Catón Compostelano. / Mundiario

El Catón Compostelano, unha publicación singular, supuxo un fito na Galicia do seu tempo, suliña tamén Xosé López no seu prólogo titulado Douscentos anos de actualidade. A través do estudio das súas páxinas no volume anexo a edición facsimilar pódese descubrir que serviu para fomentar a reflexión e o debate. Para o coordinador da Ponencia de Comunicación, non deixa de ser atractivo, tamén, coñecer o punto de vista de Valle-Ynclán sobre temas como as linguas, a súa relación co poder, a posición da muller ou sobre a diferencia masculinidade/femineidade.

"Cómpre agradecer a todos aqueles que colaboraron na busca, localización, xestión e investigación sobre El Catón Compostelano dun xeito máis ou menos directo. O esforzo de moitos fixo posible a recuperación para o patrimonio galego dunha publicación que estaba en mans privadas. Aquí se presenta o resultado. A partir de agora ábrense novos camiños para estudiar as orixes do xornalismo galego", salienta finalmente Xosé López. 

O libro do Consello da Cultura Galega rematouse de imprentar en Santiago o día 2 de maio de 2000, con motivo do bicentenario do nacemento, na imprenta da viúva de Frayz, en Santiago de Compostela, do primeiro xornal da historia de Galicia: El Catón Compostelano. @mundiario

Captura del twitter de El Catón Compostelano. / Mundiario

Captura del twitter de El Catón Compostelano. / Mundiario

MUNDIARIO mantiene viva la llama de El Catón Compostelano

En la primavera de 2011, la empresa Xeira Comunicación llevó a la Red esta cabecera histórica, que pasado el tiempo se convertiría en partner de MUNDIARIO como una sección de la edición GALICIA de este periódico, que le tributa así un homenaje a su creador, Francisco Valle-Ynclán.

El Catón Compostelano –ahora en Twitter y con un site en este diario digital– fue el primer periódico de Galicia. El número 1 de esta singular publicación apareció el 1º de mayo de 1800 en la ciudad de Santiago de Compostela. La periodicidad de esta publicación fue semanal si hemos de creer lo que varias fuentes indican, entre ellas el propio medio, pero existen dudas de que esa periodicidad tuviese regularidad.

MUNDIARIO mantiene ahora viva la llama de El Catón Compostelano, al que Eugenio Carré Aldao apodó como "primer periódico gallego". Se trataba de una publicación semanal en la que se tocaban temas de corte erudito y polémico, desde la necesidad de la educación de las mujeres hasta el origen de las lenguas de España, pasando por la paz, la libertad o el tiempo.

Según Alfonso Villagómez, el infatigable publicista y archivero Pablo Pérez Costanti en sus Notas Compostelanas se propuso recoger la historia del periodismo santiagués, en una edición facsímil que, en 1992, recuperó José Luis Cabo en Ediciós do Castro.

Pérez Contanti describió, en rápida panorámica, desde el primer periódico diario publicado en la ciudad en 1800 –El Catón Compostelano– hasta La República Federal La Patria, ambos de 1869. Precisamente este gran erudito muere en Santiago en 1938, cuando El Correo Gallego comienza a publicarse en Compostela, después de 60 años de continuada existencia que había surgido en Ferrol.

Según el escritor gallego Javier del Valle-Inclán Alsina, todavía hoy se desconocen los autores, colaboradores y editores de este decano de la prensa gallega, con la excepción de Francisco Valle-Ynclán, quien manifestó ser el autor de varios de los primeros discursos en una carta enviada a Juan Francisco Demasdeu.

Francisco Valle-Ynclán Alsina recuerda que este primer periódico de Galicia adoptó la forma de fascículos numerados en romano, del I al XX, último de la publicación compostelana con el título común de discursos, de paginación irregular y en tamaño octavo. "Existe un discurso XXI que fue elaborado y editado a instancias de Juan Francisco Demasdeu, quien había sido atacado muy duramente en los primeros números de El Catón Compostelano", concluye este escritor.

A FICHA TÉCNICA

El Catón Compostelano. — Ed. facsímil. — Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Ponencia de Comunicación, 2000. — 2 v. ; 24 cm Reprod. facsímil de El Catón Compostelano: Santiago de Compostela: Viuda de Fraiz, 1800 D.L C-821-2000. — ISBN 84-95415-12-7 (o.c.) 1. Santiago de Compostela - Publicacións periódicas. 2. El Catón Compostelano Historia. I. Consello da Cultura Galega. Ponencia de Comunicación. II. Título (05)(460.111 Santiago).

 

Comentarios