A cabeceira El Catón Compostelano define a aparición do xornalismo en Galicia

Exemplar de 'El Catón Compostelano'.
Exemplar de El Catón Compostelano.
Na primavera de 2011, Xeira Comunicación levou á Rede esta cabeceira histórica, que pasado o tempo converteríase en partner de MUNDIARIO como unha sección da edición GALICIA deste xornal, que lle tributa así unha homenaxe ao seu creador, Francisco Valle-Ynclán.
A cabeceira El Catón Compostelano define a aparición do xornalismo en Galicia

A aparición do xornalismo en Galicia está ligada á cabeceira El Catón Compostelano, o seu primeiro fito. Naceu o 1 de maio de 1800 por iniciativa de Francisco Valle-Ynclán, na imprenta compostelana da viuda de Frayz.

O xornalista e profesor Xosé López constatou, sendo coordinador do Relatorio de Comunicación do Consello da Cultura Galega, que esta publicación só era coñecida por unha colección incompleta na Biblioteca Nacional en Madrid, da que se localizou outra máis ampla, de 21 números, en Ourense, propiedade da familia Amor-Vázquez.

Patrimonio dos galegos

Grazas á colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, o primeiro ensaio do xornalismo de Galicia pasou a ser patrimonio de todos os galegos.

El Catón Compostelano serviu para fomentar a reflexión e o debate. "Non deixa de ser atractivo, tamén, coñecer o punto de vista de Valle-Ynclán sobre temas como as linguas, a súa relación co poder, a posición da muller ou sobre a diferencia masculinidade/femineidade", subliña Xosé López.

A través de El Catón Compostelano, Galicia decidiuse a empregar un soporte novo de comunicación, que xa coñecía polas publicacións periódicas estranxeiras que entraban a través do porto de A Coruña, tal e como demostrou o catedrático Xosé Ramón Barreiro. @catoncompostela en @mundiario

Cabecera de El Catón Compostelano. / Mundiario

Cabeceira de El Catón Compostelano. / Mundiario

El Catón Compostelano, na Rede

O primeiro de maio do año 1800 nacía a primeira cabeceira galega, El Catón Compostelano, unha publicación de reflexión e pensamento, ainda que os primeiros xornais gallegos propiamente ditos foron o Diario de Santiago e o Diario da Coruña, ámbolos dous en xuño de 1808.

O debate e a reflexión definiron a personalidade xornalística de El Catón Compostelano, do mesmo xeito que caracterizaron a fundación de MUNDIARIO, que se define, desde xaneiro de 2013, como o Primeiro periódico global de análise e opinión.

Na primavera de 2011, Xeira Comunicación levou á Rede esta cabeceira histórica, que pasado o tiempo convertiríase en partner de MUNDIARIO como sección da edición GALICIA deste periódico, que tributalle así unha homaxe ao seu creador, Francisco Valle-Ynclán. @mundiario

Comentarios