Hai unha forte compoñente antropolóxica no fenómeno da peregrinación

Camino de Santiago. / Cuatro Cantones
Camino de Santiago. / Cuatro Cantones

¿Que podería significar este uso reiterado dunha metáfora tan incombustible como a do camiño e o camiñar? ¿Non será acaso a demostración máis palpable de que o pensamento e o ser comparten unha mesma condición itinerante? 

Hai unha forte compoñente antropolóxica no fenómeno da peregrinación

Existen varias culturas que teñen asociado o deus do coñecemento co deus dos camiños e dos camiñantes. Os gregos situaban nas encrucilladas, a semellanza dos cruceiros galegos, monólitos coa efixie do deus Hermes en cada cara, indicando cada un dos vieiros para orientar o camiñante. Hermes era adorado como o deus do coñecemento e do comercio, pero tamén daqueles que tomaran o camiño errado (ladróns e mentireiros). De feito Hermes fora perito en enganos, feitos coa mestría de quen coñece a verdade para poder facelo. Tamén nesta figura mitolóxica que vemos asociado camiño, coñecemento e extravíos, así como os perigos inherentes ao camiñar.

O relato podería ser amplísimo pois o fenómeno das peregrinacións está presente en todas as culturas e relixións desde o inicio da civilización humana. É un fenómeno indisociable da condición itinerante do home. A nosa vida, segundo teñen defendido numerosos literatos e filósofos a través do uso desta metáfora viaria non é senón un longo camiño, cheo de reviravoltas e encrucilladas, que transcorre entre o nacemento e a morte. Hai, polo tanto, unha forte compoñente antropolóxica no fenómeno da peregrinación.

A filosofía, tan afín á vida do home, usou abundantemente esta mesma metáfora nun intento de apresar o sentido da existencia humana e da súa propia existencia. Heideggerianos carreiros do bosque o camiños cara al linguaxe; metódicos intentos cartesianos para conducir ben a nosa razón; vías seguras para demostrar a existencia de Deus; meditacións e itinerarios interiores; claros do bosque onde o camiñante repousa antes de proseguir a súa marcha; paseatas, en fin, arredor da morte. ¿Que podería significar este uso reiterado dunha metáfora tan incombustible como a do camiño e o camiñar? ¿Non será acaso a demostración máis palpable de que o pensamento e o ser comparten unha mesma condición itinerante?  Ao fin y al cabo, a vida do home non es máis que el longo camiño cara a si mesmo. @mundiario

Comentarios