O Camiño de Santiago vertebrou Europa e situou a Galicia no mapamundi

Alfonso III de Fonseca, donde fundó la Universidad de Compostela.
Alfonso III de Fonseca.

A Academia Xacobea naceu para contribuirá a pescudar e dar a coñecer as mil e unha facianas do Camiño de Santiago, un camiño de peregrinación que foi tamén historicamente –e seque a ser– unha vía de intercambio cultural, artístico, científico e filosófico.

O Camiño de Santiago vertebrou Europa e situou a Galicia no mapamundi

"A nosa vida –escribiu o filósofo austríaco Ludwig Wittgenstein– é coma un soño. Pero ás veces espertamos abondo para saber que estamos soñando".

Sei, de certo, que a creación da Academia Xacobea, centro de estudos da Orde do Camiño de Santiago, naceu inicialmente coma un soño na mente de Miguel Pampín Rúa e Xesús Palmou Lorenzo. Forma parte deses intres gozosos nos que un se decata de que, en non poucas ocasións, o que se pode soñar, pódese facer.

A Academia Xacobea naceu para contribuirá a pescudar e dar a coñecer as mil e unha facianas do Camiño de Santiago, un camiño de peregrinación que foi tamén historicamente –e seque a ser– unha vía de intercambio cultural, artístico, científico e filosófico.

Saúdo, cómo non, a idea de que formen parte como académicos de número da institución un profesor ou profesora de cada unha das universidades que naceron e desenvolven a súa actividade á beira do Camiño de Santiago e, por suposto, na meta, neste caso, a Universidade de Santiago de Compostela. A nosa Universidade, cinco veces centenaria, agromou da man dun sabio arcebispo compostelán, de refinados gustos renacentistas, chamado Alonso III de Fonseca que sabía que o camiño da salvación precisaba aqueloutro do coñecemento para poder dar razón da esperanza que levaba a milleiros de almas a visitar a tumba apostólica.

Na USC hai moitos e moi bos estudosos e expertos nos temas xacobeos. Por iso é para min unha honra, tamén un soño, que teñan pensado en min para inaugurar a nómina de académicos procedentes das distintas universidades españolas do Camiño e da meta. Agradezín o nomeamento porque sei que viron en min cualidades que intentarei posuír, seguindo a máxima do filósofo pragmatista estadounidense Willian James: “se queres unha cualidade, actúa como se xa a tiveras”.

Son consciente que unha parte non pequena do meu labor será a de canalizar as achegas doutros colegas da minerva compostelán, que nun campo ou noutro teñen contribuído a un mellor coñecemento do fenómeno xacobeo: tan universal na súa vocación teolóxica, como transversal no relativo ás areas de coñecemento e campos de investigación que se teñen ocupado del.

Un fenómeno que forma parte inseparable das raíces humanistas de Europa, como tiveron oportunidade de salientar os máis sobranceiros expertos españois e estranxeiros na décima edición dos Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago que organizou a Sociedade Interuniversitaria de Filosofía que presido os días 4 e 5 de novembro de 2010, nas vésperas da visita do Papa Bieito XVI a Compostela. O Camiño de Santiago vertebrou Europa e situou a Galicia no mapamundi. @mundiario

Comentarios