O Camiño de Santiago, o primeiro itinerario cultural europeo

Camino de Santiago. / Twitter
Camiño de Santiago. / Twitter

Con esta declaración recoñecíase no ano 87 o papel que o Camiño tiña desempeñado na conformación da idea de Europa, tanto desde o punto de vista cultural como por suposto relixioso e tamén político.

O Camiño de Santiago, o primeiro itinerario cultural europeo

No ano 1987 –cumpríronse tres décadas no 2017–, o Consello de Europa declaraba ao Camiño de Santiago primeiro itinerario cultural europeo. Con esta declaración recoñecíase o papel que o Camiño tiña desempeñado na conformación da idea de Europa, tanto desde o punto de vista cultural como por suposto relixioso e tamén político. Media ducia de anos despois, no ano 1993, o Camiño de Santiago sería declarado pola UNESCO “patrimonio da humanidade”. 

Deste xeito,  Galicia malia a súa situación xeográfica periférica dentro do continente europeo, malia a estar situada nos confíns do mundo que os antigos denominaron o Finis terrae, acadaba unha dimensión central que convidaría a visitar a nosa terra e a nosa cidade a persoas de moi diversa condición e posición social. Un feito que dotaría de personalidade propia a Galicia e a Europa, partindo dun fenómeno coñecido dende a antigüidade: a peregrinación. @mundiario

O Camiño de Santiago, o primeiro itinerario cultural europeo
Comentarios