O Camiño de Santiago e o Camiño de Shikoku-Henro manteñen un irmandamento

Camiño de Shikoku-Henro. / RR SS
Camiño de Shikoku-Henro. / RR SS

Tiven a oportunidade de percorrer estes dous camiños –o Camiño de Santiago e o Camiño de Shikoku-Henro–, mergullador no corazón do país do sol nacente, confeso que máis como investigador que como peregrino.

O Camiño de Santiago e o Camiño de Shikoku-Henro manteñen un irmandamento

Os alicerces doutrinais e mesmo filosóficos da vida como camiño, que está por tras da visión do mundo medieval cristián debémosllos, entre outros, a Santo Agostiño, filósofo cristián do século IV. O noso paso pola terra, defendeu o bispo de Hipona, non é un fin, senón un tránsito fuxidío antes de acadar o noso verdadeiro destino: a Cidade Celestial. Segundo este punto de vista, o home é un homo viator, un ser definido pola súa condición de camiñante cara a unha meta que está sempre alén.

Falaba de todo isto, hai agora xustamente un ano, no Xapón, respondendo a un convite da Universidade de Kansai, en Osaka, e sei, de certo, que me estaban a comprender perfectamente. Case todas as relixións coñecen e practican desde a antigüidade a peregrinación cun sentido salvífico e purificador, que antes ou despois acaba incorporando un fondo sentido antropolóxico. Tamén a relixión xintoísta e budista, maioritarias no Xapón, onde teñen máis dun cento de camiños de peregrinacións.

De todos eles, o Antigo Camiño de Kumano (Kumano Kodo) está irmandado co noso Camiño de Santiago en razón da súa común condición de seren patrimonio da humanidade e centro de dúas culturas e relixións. E no mes de xullo do pasado ano 2015 iniciábase o proceso de irmandamento entre o Camiño de Santiago e o Camiño de Shikoku-Henro, que percorre as catro provincias da illa de Shikoku.

Tiven a oportunidade de percorrer estes dous camiños –o Camiño de Santiago e o Camiño de Shikoku-Henro–, mergullador no corazón do país do sol nacente, confeso que máis como investigador que como peregrino, e aínda hoxe me parece que todo aquilo foi un soño, como dicía Wittgenstein, que agora podo compartir grazas a outro soño, que é o nomeamento como membro da Academia Xacobea, centro de estudos da orde do Camiño de Santiago. @mundiario

Comentarios