Buscar

MUNDIARIO

A Academia Xacobea analiza o fenómeno das peregrinacións e as estratexias para o Ano Santo

Ulises Bértolo e José Manuel García Iglesias participaron nunha xornada divulgativa na Sociedade de Amigos do País. Valentín García avogou por xeneralizar o sentimento xacobeo como algo propio de todos os galegos.
A Academia Xacobea analiza o fenómeno das peregrinacións e as estratexias para o Ano Santo
Xuntanza na Academia Xacobea. / Mundiario
Xuntanza na Academia Xacobea. / Mundiario

Firma

Redacción

Redacción

Análisis de la Redacción de MUNDIARIO. Síguenos en Twitter @mundiario

A Real Sociedade Económica de Amigos do País abriu este martes as súas portas aos representantes da Academia Xacobea para celebrar unha xornada divulgativa sobre a Visión actual do Camiño de Santiago na que tomaron parte o escritor e avogado Ulises Bértolo e o catedrático de Historia da Arte Moderna e Contemporánea José Manuel García Iglesias, ambos académicos de número da segunda institución. Francisco Loimil Garrido e Xesús Palmou, presidentes respectivamente da Real Sociedade de Amigos do País e da Academia Xacobea, foron os encargados de presentar o acto.

Bértolocolaborador de MUNDIARIO– centrou a súa intervención no fenómeno das peregrinacións desde unha visión intercultural explicando que é “algo presente en todas las culturas y religiones desde los comienzos de la civilización humana”. Así, fixo un percorrido polas principais peregrinacións existentes no mundo, desde o sueste asiático, “donde conviven varias religiones que mezclan de manera profunda y espiritual los mensajes de lo sagrado, hasta las que tienen lugar en las principales tres religiones monoteístas. El hombre, con independencia de dónde y cuándo hubiese nacido, siempre se ha enfrentado a las mismas preguntas existenciales, y el concepto de inicio (nacimiento) y meta (muerte) en un sentido terrenal, sume la vida de todos, en un permanente transitar”, apuntou Bértolo, quen sinalou tamén que “las peregrinaciones mantienen inalterable hoy en día su condición netamente religiosa”.

“El Camino de Santiago en Europa. Ante el próximo Año Santo Compostelano. Sobre posibles estrategias de gestión cultural” foi o título da intervención de José Manuel García Iglesias, quen se remontou tres décadas atrás no tempo, ata o recoñecemento do Camiño de Santiago como primeiro Itinerario Cultural Europeo e a a creación do Consejo Jacobeo, da Sociedade Anónima do Plan Xacobeo e do Consorcio de Santiago, e sinalou que “a cuestión jacobea resulta algo común a toda la Península Ibérica y que cuenta con una presencia más allá de los Pirineos, abarcando un espacio, a través de los siglos, que supera al propiamente europeo y llega allí, a donde las huellas de los hispanos, y también de los portugueses, llegaron con su cultura y creencias”.

García Iglesias defendeu a implicación e a colaboración das distintas Administracións públicas, desde a local á estatal pasando pola autonómica, na xestión do fenómeno xacobeo. Sinalou, ademais, que no caso de Santiago, como meta das peregrinacións, hai que darlle un tratamento especial ás celebracións litúrxicas, “algo en el que el papel de la Iglesia compostelana resulta capital”, pero sen desbotar tampouco cuestións relativas á “conservación, mantenimiento, puesta en valor y promoción de lo que cabe entender como culto y cultura jacobea”. O catedrático referiuse asemade ao Plan Estratéxico do Xacobeo 2021 e á importancia de apoiar a investigación sobre a cuestión xacobea e a súa axeitada publicación.

Xesús Palmou –colaborador de MUNDIARIO– tivo palabras de agradecemento pola súa hospitalidade para a Sociedade Económica do Amigos do País, entidade de que lembrou “é varias veces centenarias”, e Francisco Loimil explicou que para a institución que preside é unha honra colaborar coa Academia Xacobea. No acto tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Sinalou a importancia de que “o Xacobeo sexa asumido como algo propio da nosa terra e da nosa cultura por todo a poboación” e avogou tamén por “xeneralizar ese sentimento entre a colectividade galega no exterior”. @mundiario